
A AUTENTICIDADE é un dos obxectivos principais que perseguimos co CEIPP Os Casais. Buscamos que todos os nenos e nenas desenvolvan os seus talentos persoais, na procura de medrar como individuos únicos, irrepetibles e valiosos.
Un ano máis, recibimos na nosa biblio a Augas de Galicia. É importantísimo que coñezamos todo o relacionado coa xestión da auga, un ben primordial para a vida e que temos que aprender a coidar.
Durante o primeiro trimestre participamos no proxecto da ANPA DiversIDADES. Hai obradoiros para o alumnado, para o profesorado e para as familias. Recoñecer, respectar e valorar a diversidade como unha riqueza é o obxectivo deste curso.
Aínda non é oficial, pero nós xa empezamos co voluntariado de biblioteca. A que esperar para botar unha man cando fai falta?
Que solidarias son as familias do CEIPP Os Casais!
No primeiro trimestre, a mamá de Ura, de maneira voluntaria e totalmente altruísta, impartiu obradoiros para todo o alumnado.
Grazas, Marta!
A Micabigotes gústalle moito que traballemos en equipo. Por iso comezamos cos nosos grupos interniveis.Grazas a outras persoas voluntarias e solidarias, recibimos uns obradoiros de micoloxía.
AMABUL é unha asociación medioambiental que procura mellorar a contorna coa axuda da pedagoxía ambiental.
Grazas!

















