OUTUBRO 2018


Esperamos formar parte dos 6 centros participantes no Plan Proxecta Móvete, de voluntariado miúdo.
Nós fixemos a inscrición; agora toca esperar a ver se nos admiten ou non.
Non deberían rexeitar a nosa solicitude despois de premiarnos este ano, non credes?

Sabedes que estamos moi preocupados polo medio ambiente, si? Pois é verdade. Queremos saber todo sobre os animais e os problemas que teñen na actualidade.
Queremos descubrir que podemos facer nós por eles.
Aquí nos tedes buscando libros de animais na biblioteca.

Neste momento temos un dos nosos clásicos: a campaña de S.O.S. África. Fai moi pouco tempo que fixemos unha recollida de calzado e roupa.
Non importa! Sempre atopamos un pouco máis para aportar!

Un ano máis, temos solicitado o Plan Director para  o noso centro. É moi importante coñecer as normas de seguridade que debemos ter en conta para movernos polo mundo virtual, aprender a detectar o acoso escolar, ter unha información correcta sobre o perigo das drogas e o alcol, educarnos no rexeitamento absoluto da violencia de xénero...
A educación é o único motor que pode cambiar o mundo!

No CEIP. Plurilingüe Os Casais, todos, todas, somos solidari@s; non só as nenas e os nenos.
Por iso as profes veñen ás clases a compartir con nós fermosísimas historias que nos encantan.

A clase de 5º e 6º está xa inscrita no 35 Escolar ONCE.
Este curso traballaremos sobre os patios inclusivos.

A prensa segue a facerse eco da concesión do Premio Proxecta de Innovación Educativa a este proxecto noso Somos quen.
Estamos moi orgullos@s por ser protagonistas de boas noticias.

Por segundo ano participaremos no Programa TEI, de titoría entre iguais. Este programa está implantado en 80 centros de Galicia. Funciona como unha ferramenta moi positiva para previr o acoso escolar. 
Son os propios alumnos e alumnas os que se responsabilizan da convivencia no centro, actuando como mediadores  e solucionando os conflictos de baixa intensidade.

Presentamos ao equipo que participará este curso no Conectandomundos.

Micabigotes, a nosa gata bibliotecaria está moi contenta. Cando lles propuxo ás nenas e aos nenos de 5º e 6º se querían colaborar con ela nos recreos, tod@s aceptaron.


Pensamos tanto no medio ambiente que as propostas para o PDI de todas as clases ían sobre o mundo natural.
Despois de expoñer en asemblea as nosas razóns para suxerir cada un dos temas, o escollido pola maioría (en votación democrática) foi:
Animais en perigo de extinción.


Como vedes, temos xa preparados os Pasaportes Solidarios para este curso. Todos teñen a súa etiqueta. Están listos para ser repartidos.
Toca empezar a enchelos co rexistro de actividades!


Os primeiros en chegar sempre son os da Campaña Mariola, que recollen roupa e calzado usados para financiar causas de interés social.



Igual que sempre, empezamos con ilusión e gañas de cambiar o mundo. Por iso montamos esta preciosa Árbore dos desexos, coa esperanza de que a tod@s nos vaia ben; no cole e fóra, a nós e ao resto, aos de preto e aos de lonxe.
A tod@s.


Comezamos o curso cunha gran alegría.
O noso proxecto solidario recibiu un premio!
Grazas, nenas e nenos de Os Casais, por tanto como levades traballado durante todos estes anos na procura dun mundo mellor para tod@s!
Parabens!