SETEMBRO 2019



Este mes foi Helena a encargada de facer as entradas no blog. Aquí podedes vela ben concentrada nun dos ordenadores do noso espazo fedelleiro.

Celebrar a Semana polo Clima fíxonos reflexionar.
Levamos anos reciclando, non será hora de empezar tamén a reducir?
Micabigotes lanzounos a proposta de xuntar o plástico das nosas merendas nun contenedor.
Estaremos usando de máis? 
Veremos canto se xunta...



Pouco a pouco, foron aparecendo as primeiras bolsas.


Sempre a primeira campaña de recollida de calzado e roupa é a de Global Humanitaria.
Este curso tamén.



Este curso empezamos forte. A semana do 23 ao 27 de setembro celebramos a Semana polo Clima. Tivemos actividades todos os días.
Asumimos o compromiso de coidar o mundo.


Como cada ano, empezamos reflexionando sobre os obxectivos para o novo curso que comeza. Marcamos os nosos retos persoais, pensamos nas esperanzas e desexos para este tempo novo e asumimos os nosos compromisos.