FEBREIRO 2022

 


Nós queremos cambiar o mundo. Queremos que sexa mellor. Por iso agora a nosa biblioteca ten un contrasinal.

É unha clave. Se non a dis, non entras.

A educación cambiará o mundo.

Defendámola!

XANEIRO 2022

 


DÍA DA PAZ

A profe Lorena tamén é unha persoa solidaria que fai actividades de voluntariado.
Vaia sorte que temos!


24-X    DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

           

A clase de 5º está participando no 38 Concurso Escolar ONCE.



A clase de 3º e 4º está participando en Conectandomundos.
Este é o seu equipo. Se picades, ides á actividade.








DECEMBRO 2021

 


O Nadal sempre é tempo de pensar nos demaís  e de ter bos desexos para o mundo.
Que boa convivencia teríamos se se cumplises todos os nosos desexos!!!

Durante as vacacións, en Afundación en Ferrol, estarán expostas as violetas que fixemos contra a violencia de xénero. Tamén estarán nesa exposición as de todos os coles que participaron.


A que sempre é moi, moi solidaria con nós é nosa querida gata bibliotecaria: Micabigotes. Non hai ano que non ofreza libros en adopción, ben sexa para nós ou para os nosos familiares.


Polo Nadal realizamos a nosa  Campaña Solidaria de Xoguetes.



PASAPORTE SOLIDARIO

Quen mellor que Cristóbal Rodríguez para falarnos da importancia dos nosos Pasaportes Solidarios? 
E do Camiño de Santiago!

Somos solidari@s!

Neste Xacobeo 21-22 tivemos unha Maleta Viaxeira con libros sobre o Camiño de Santiago.
O Camiño sempre estivo cheo de solidariedade.


5 DE DECEMBRO
DÍA DO VOLUNTARIADO


Se nós somos solidari@s, temos bos mestr@s para aprender a selo. Aquí tedes ao profe Jesús lendo para os pequerrechos. E vai ler a todas as clases.
Grazas, Jesús, polo teu voluntariado de lectura. Gústanos moito.




3 DE DECEMBRO
DÍA DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE
A nós gústanos chamarlle:

DÍA DA DIVERSIDADE ou  DÍA DA INCLUSIÓN

Ese día abrimos os paraugas e enchimos o cole de cores.





NOVEMBRO

 


Canta alegría sentimos cando, de sorpresa, aparece unha profe para lernos unha boa historia!


E, se quen non visita é a madriña da nosa biblioteca, a ALEGRÍA é maiúscula.

MOITAS GRAZAS, PAULA CARBALLEIRA,
 POR SER TAN CARIÑOSA SEMPRE CON NÓS.


Onde hai VIOLENCIA, non pode haber alegría.



          

Os anos da infancia teñen que ser pura alegría.
 Para todos os nenos e nenas do mundo.




Sentimos ALEGRÍA cando soupemos que este curso xa podiamos facer outra vez recollida de roupa e calzado.
 Pouco a pouco imos recuperando a actividade normal.
 A ver se acaba a pandemia dunha vez!



   Na biblio do noso cole hai  neste curso un motivo de ALEGRÍA.
 Micabigotes está cambiando o programa de xestión por outro máis colaborativo.
 Está traballando moito, pero despois vai ser moito mellor.



Este curso empezámolo reflexionando sobre como nos sentiamos.
Tiñamos nervos e un pouco de medo e preocupación polo coronavirus, pero o que máis sentiamos tod@s era a ALEGRÍA de volver, de estar no cole con todos os compañeiros e compañeiras e poder pasalo ben xunt@s.

OUTUBRO 2021

 


VOLUNTARI@S DE BIBLIOTECA = PRESENTE


Se son solidari@s no presente, serán solidari@s no futuro.
Somos solidari@s!

@s profes, tamén son solidari@s e, voluntariamente, van ler a todas as aulas.
Canto nos gusta a tod@s!







SETEMBRO 2021