MARZO 2020



Como cada ano, participamos na actividade en rede Conectandomundos. Hoxe mesmo elaboramos o noso manifesto.

FEBREIRO 2020


Este mes os nosos tapós solidarios irán destinados á campaña promovida polo Numancia de Ares en favor de Hugo.


@s Invencibles acaban de recibir o seu agasallo de participación no Concurso escolar ONCE.

 Na presente edición diseñaron unha bandeira da inclusión.
Sodes quen de imaxinala ondeando no cole ?
El@s, sí; por iso posan orgullos@s, polo bo traballo realizado en equipo.

XANEIRO 2020


Como cada ano, rematamos o mes de xaneiro co noso gran mural da PAZ.
O día 24 de xaneiro celebramos o
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN.

As nenas e nenos de 1º e 2º están ben concienzados da importancia de coidar o medio ambiente.
Mirade que agasallo tan chulo trouxo Joel.
Damos as grazas á súa familia por colaborar con el, e con nós, neste proxecto.

Sempre practicando democracia: o nome da nosa radio foi sometido a votación.

Xa temos firmados os compromisos de voluntariado que estaban adiados.

 Se é que son fantásticos!
Xa colocamos os 17 retos da Axenda 2030 nun lugar ben visible da entrada do cole.
Quédanos colocar o título, pero todo se andará.

DECEMBRO 2019


No Nadal acordámonos daquelas persoas ás que queremos. É unha boa ocasión para facer un agasallo. Por iso, pensando sempre nos nosos queridos libros, escollemos algún para ofrecer aos demáis.
Non van ser todos para nós!

Nós facemos moitas lecturas para os máis pequenos. 
Temos de quen aprender!

Son moitas as charlas que recibimos no noso camiño cara a ser bos cidadás.

Vaia sorte! Isto si que é un luxo.
Atopar xente altruista coma estes artistas non ten prezo.

Os nosos profesores tamén son solidarios e voluntarios de biblioteca. 

A primeiros de decembro sacamos unha foto coa pancarta de Coles Residuos 0 para participar nas reivindicacións do 6-N  ante a Cumbre do Clima que se está a celebrar en Madrid.

NOVEMBRO 2019


25- N
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Despois de facer o acto reivindicativo no noso cole (no que participamos todos), Helena e Daniela foron representarnos o acto celebrado na Fundación ABANCA, en Ferrol. 

Este mes lembramos de maneira especial o importante que é defender a igualdade. 
En 6º estamos investigando sobre grandes mulleres. En 4º, tamén.

Non perdemos ocasión de ler para os demáis (Mica tenos ben ensinados).

O día 27 as nenas e nenos de 6º convidaron a 1º e 2º a realizar un esfolla de maínzo compartida cuns voluntarios moi especiais: algunhas das persoas que viven na Domus Vi de Laraxe.
Compartindomomentos

20-N DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Todas as nenas e nenos do mundo temos dereito a vivir nun entorno saudable.
Unha terceira campaña de recollida de roupa!!!
Uff! Son moitas, non? Unha cada mes...
Pero... imos intentalo!
Algo atoparemos.

Alguén pensou que o noso Comando Verde non traballaba?
Aquí podedes ver algúns dos seus membros máis pequenos recorrendo as aulas para transmitir información aos outros cursos.

Qué importante labor fai o noso voluntariado de biblioteca!
Como non imos ser voluntarios nós, se temos de quen aprender. As nosas familias tamén son voluntarias!
Mirade estes exemplos; para proba, un botón.