
TENRURA amosa sempre para con nós a Panadería El Cruce. Non hai vez que baixemos á ribeira para limpar a praia, que non teñamos preparados, cando vimos, cansos, de volta, todo costa arriba, uns boliños amasados especialmente para a rapazada dos Casais.
Eles tamén son veciños solidarios!
Totalmente oposta a tenrura é a violencia.
NON VIOLENCIA.
STOP
TENRURA precisamos todos e todas, de maneira especial na infancia. Por iso necesitamos unha familia para medrar adecuadamente. Nós, tamén desde a tenrura, vimos a escola en pixama, para non esquecer nunca o importante que é ter unha familia e para pedila para todos os nenos e nenas.


