NOVEMBRO 2018


Este mes de novembro correspondeunos a Yago e mais a Icía facer as entradas que ledes.
Vedes o ben que traballamos? 

A finais de mes celebramos un acto contra a violencia de xénero.
NON
NIN UNHA MÁIS
Micabigotes, a gata bibliotecaria, preparounos este mes unha selección de boas lecturas.
Tratan temas de inclusión.

Ese día apareceu a nosa Cadeira Vermella; esa que nos axuda a lembrar o importante que é respectar o dereito á educación.
Desta vez, amosounos que, moitas veces, as nenas non son (non somos) nomeadas.
Nós tamén temos dereito a participar.
Para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia participamos nunha actividade que era Participamos en igualdade.
Queremos que todas as nenas e nenos do mundo poidan participar.

Acaban de chegar por correo os diplomas dos Pasaportes Solidarios do curso pasado.
Estamos desexando telos!
Levamos a nosa primeira entrega de tapóns solidarios ao punto intermedio de recollida. Conseguimos tantos que un saco de area acabou cheo.

@s nosos voluntarios@s da biblioteca xa empezaron a traballar.