XANEIRO 2019


O 30 de xaneiro, como cada ano, fixemos unha pequena celebración para reivindicar a PAZ. E como hai que construíla cada día, iso foi o que fixemos!
Construímos PAZ no nosa aula maker, o espazo máis fedelleiro do noso cole.



Por fin se acordaron de declarar o Día Internacional da Educación.
A partir de agora, todos os anos, ímonos acordar desta data:
24 de xaneiro


Micabigotes está encantada cos voluntarios e voluntarias de biblioteca. Mira que traballan!


Todas as nenas e nenos de 5º e 6º somos contacontos. Durante todo o curso, os venres, imos ler á clase de Educación Infantil.
Gústanos moitísimo!