NOVEMBRO 2019


25- N
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Despois de facer o acto reivindicativo no noso cole (no que participamos todos), Helena e Daniela foron representarnos o acto celebrado na Fundación ABANCA, en Ferrol. 

Este mes lembramos de maneira especial o importante que é defender a igualdade. 
En 6º estamos investigando sobre grandes mulleres. En 4º, tamén.

Non perdemos ocasión de ler para os demáis (Mica tenos ben ensinados).

O día 27 as nenas e nenos de 6º convidaron a 1º e 2º a realizar un esfolla de maínzo compartida cuns voluntarios moi especiais: algunhas das persoas que viven na Domus Vi de Laraxe.
Compartindomomentos

20-N DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Todas as nenas e nenos do mundo temos dereito a vivir nun entorno saudable.
Unha terceira campaña de recollida de roupa!!!
Uff! Son moitas, non? Unha cada mes...
Pero... imos intentalo!
Algo atoparemos.

Alguén pensou que o noso Comando Verde non traballaba?
Aquí podedes ver algúns dos seus membros máis pequenos recorrendo as aulas para transmitir información aos outros cursos.

Qué importante labor fai o noso voluntariado de biblioteca!
Como non imos ser voluntarios nós, se temos de quen aprender. As nosas familias tamén son voluntarias!
Mirade estes exemplos; para proba, un botón.





OUTUBRO 2019


O mes de outubro dedicámolo á igualdade. Por iso inicamos a actividade Gústame...
Todos somos diferentes, mais somos iguais.

O día 23 achegámonos á residencia de Laraxe para compartir lecturas de Samaín cos maiores.
Esta experiencia, Compartindomomentos, parécenos moi enriquecedora e desfrutámola enormemente.

Qué faría Mica se non contara con tanta axuda como lle prestan @s voluntari@s? Fan unha e mil cousas diferentes. A súa colaboración é inestimable.
Moitísimas grazas!!!

Como nos gusta axudarnos entre nós!
Encántanos traballar en equipos interniveis. Así, os maiores podemos axudar aos máis pequenos. A eles gústalles moito vir con nós;  nós estamos moi contentos de que veñan.
Traballar xuntos mola!!!


E temos claro que a BIBLIO é un auténtico
VIVEIRO DE CIDADANÍA!!!

 Canto aprendemos con Mica!!!

RETO CONSEGUIDO!
A mediados do mes de outubro conseguimos superar o primeiro dos retos do Cole Verde.
Ningunha botella de plástico máis nas nosas merendas!
Mirade, todos usamos xa botellas reutilizables.


O luns, 14 de outubro, os voluntarios e voluntarias de biblioteca firmaron os seus compromisos.
Micabigotes está moi agradecida de que ofrezan o seu tempo de lecer para colaborar con ela.

Como nos ocurre todos os cursos, temos unha segunda campaña de recollida de roupa case ao mesmo tempo que a primeira.
Non importa!
Sempre conseguimos un pouco máis!

Este curso imos apostar forte pola conservación do medio ambiente. Xa temos un Comando Verde (formado por alumnado, profes, familias, ANPA e persoal non docente) que se ocupará de insistir na importancia de:
Reutilizar, reciclar, reducir.