XANEIRO 2020


Como cada ano, rematamos o mes de xaneiro co noso gran mural da PAZ.
O día 24 de xaneiro celebramos o
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN.

As nenas e nenos de 1º e 2º están ben concienzados da importancia de coidar o medio ambiente.
Mirade que agasallo tan chulo trouxo Joel.
Damos as grazas á súa familia por colaborar con el, e con nós, neste proxecto.

Sempre practicando democracia: o nome da nosa radio foi sometido a votación.

Xa temos firmados os compromisos de voluntariado que estaban adiados.

 Se é que son fantásticos!
Xa colocamos os 17 retos da Axenda 2030 nun lugar ben visible da entrada do cole.
Quédanos colocar o título, pero todo se andará.