OUTUBRO 2019


O mes de outubro dedicámolo á igualdade. Por iso inicamos a actividade Gústame...
Todos somos diferentes, mais somos iguais.

O día 23 achegámonos á residencia de Laraxe para compartir lecturas de Samaín cos maiores.
Esta experiencia, Compartindomomentos, parécenos moi enriquecedora e desfrutámola enormemente.

Qué faría Mica se non contara con tanta axuda como lle prestan @s voluntari@s? Fan unha e mil cousas diferentes. A súa colaboración é inestimable.
Moitísimas grazas!!!

Como nos gusta axudarnos entre nós!
Encántanos traballar en equipos interniveis. Así, os maiores podemos axudar aos máis pequenos. A eles gústalles moito vir con nós;  nós estamos moi contentos de que veñan.
Traballar xuntos mola!!!


E temos claro que a BIBLIO é un auténtico
VIVEIRO DE CIDADANÍA!!!

 Canto aprendemos con Mica!!!

RETO CONSEGUIDO!
A mediados do mes de outubro conseguimos superar o primeiro dos retos do Cole Verde.
Ningunha botella de plástico máis nas nosas merendas!
Mirade, todos usamos xa botellas reutilizables.


O luns, 14 de outubro, os voluntarios e voluntarias de biblioteca firmaron os seus compromisos.
Micabigotes está moi agradecida de que ofrezan o seu tempo de lecer para colaborar con ela.

Como nos ocurre todos os cursos, temos unha segunda campaña de recollida de roupa case ao mesmo tempo que a primeira.
Non importa!
Sempre conseguimos un pouco máis!

Este curso imos apostar forte pola conservación do medio ambiente. Xa temos un Comando Verde (formado por alumnado, profes, familias, ANPA e persoal non docente) que se ocupará de insistir na importancia de:
Reutilizar, reciclar, reducir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario