
De xustiza é ocuparnos dos nosos maiores.
O grupo de voluntariado de biblioteca visitou a Residencia de Laraxe para facer un obradoiro de Nadal coas persoas residentes. Regalando simplemente un pouco do noso tempo sentimos que reciben alegría e cariño.
No Nadal tamén hai xente que o está pasando mal.
Un pequeno xesto de empatía pode achegarlle unha pouca alegría.
Os nosos voluntarios e voluntarias seguen acompañando aos pequerrechos no seu tempo de lectura.



