NOVEMBRO

 


Canta alegría sentimos cando, de sorpresa, aparece unha profe para lernos unha boa historia!


E, se quen non visita é a madriña da nosa biblioteca, a ALEGRÍA é maiúscula.

MOITAS GRAZAS, PAULA CARBALLEIRA,
 POR SER TAN CARIÑOSA SEMPRE CON NÓS.


Onde hai VIOLENCIA, non pode haber alegría.



          

Os anos da infancia teñen que ser pura alegría.
 Para todos os nenos e nenas do mundo.




Sentimos ALEGRÍA cando soupemos que este curso xa podiamos facer outra vez recollida de roupa e calzado.
 Pouco a pouco imos recuperando a actividade normal.
 A ver se acaba a pandemia dunha vez!



   Na biblio do noso cole hai  neste curso un motivo de ALEGRÍA.
 Micabigotes está cambiando o programa de xestión por outro máis colaborativo.
 Está traballando moito, pero despois vai ser moito mellor.



Este curso empezámolo reflexionando sobre como nos sentiamos.
Tiñamos nervos e un pouco de medo e preocupación polo coronavirus, pero o que máis sentiamos tod@s era a ALEGRÍA de volver, de estar no cole con todos os compañeiros e compañeiras e poder pasalo ben xunt@s.