SETEMBRO 2013

   

   O CEIP. Os Casais súmase á campaña "Tapóns para unha nova vida", unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Fundación Seur.
   Os obxectivos desta campaña de reciclaxe de tapóns de plástico son:
  • Axudar  nenos e nenas sen recursos a acceder a tratamentos médicos non reglados no sistema sanitario co fin de mellorar a súa calidade de vida.
  • Facilitar a nenos e nenas sen recursos os aparatos ortopédicos que non lles son otorgados por outros medios.
  • Animar á toda a sociedade a colaborar mediante a súa actuación a realizar unha fácil, pero importante, acción social e humanitaria.
  • Invitar a toda a sociedade mediante a súa participación da facilidade que conleva unha reciclaxe sinxela realizando o simple xesto de gardar os tapóns de plástico en vez de tiralos indiscriminadamente ao contenedor do lixo.
   No presente curso, 2013-2014, toda a comunidade educativa de Os Casais, os nenos e nenas coa colaboración das familias, o profesorado e o personal non docente, participamos con entusiasmo nesta tarefa, pequena e grande a un tempo. 

   Este curso 2013/2014 a ONG Entreculturas propón, co seu calendario, facer un repaso da historia da conquista dos dereitos humanos.
   A única maneira da promover e defender os nosos dereitos e os de tódalas persoas é cumplir cos nosos deberes e facernos responsables. Participar nos asuntos que afectan á familia humana é un dereito e unha responsabilidade.
   Cada mes está dedicado a un dereito ou grupo de dereitos, tanto a aqueles que están recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, como na Convención Internacional sobre os Dereitos da Infancia e a Adolescencia. Fan tamén referencia a aqueles dereitos polos que se esforzan na actualidade milleiros de persoas: os chamados dereitos de terceira xeneración, entre os que están o dereito ao desenvolvemento, os dereitos vinculados ao medio ambiente e o dereito á paz.
   Coas súas propostas pretenden facilitar ideas para xenerar espazos de participación infantil e xuvenil orientados ao descubrimento e ao compromiso cos dereitos humanos.
  


   No CEIP. Os Casais, igual que fixemos o curso pasado, sumámonos á Campaña A Cadeira Vermella.
     Estas son as nosas:



No hay comentarios:

Publicar un comentario