OUTUBRO 2013





      O Servicio de Solidariedade SOS África é unha organización humanitaria recoñecida polo Estado. Foi fundada no ano 1992 para promover a solidariedade hacia o continente africano. Dende entón traballa incansablemente cos propios afectados para mellorar as condicións de vida da poboación, particularmente dos nenos e as nenas, a través do apadriñamento e os proxectos de desenvolvemento humano integral no campo da educación, a cultura, a sanidade, a agricultura e no terreo da promoción e valoración das culturas autóctonas. En Europa promove a solidariedade con coñecemento de causa baseada na visión poritiva da realidade de África, das súas culturas e das súas xentes.
   No CEIP. Os Casais participamos na campaña de recollida de roupa e calzado usados, que ten como fin recaudar fondos para apoiar os proxectos que esta ONG está a desenvolver en Guinea Ecuatorial, Sur de Sudán, Senegal, Etiopía e Angola. 

   A Cocina Económica de Ferrol é unha Asociación  creada o 20 de setembro de 1891, coa finalidade de proporcionar comida, principalmente cociñada, a persoas con escasos recursos.
   Proporciona a diario un xantar completo e unha cea. Isto faise, tanto no seu comedor, como tamén, a aqueles usuarios que, autorizados polos Servizos Sociais, lévano para consumo nos seus domicilios. A estes usuarios, tamén se lles proporcionan víveres para os almorzos e as ceas.
    Coopera con outras asociacións de carácter social, fomentando a integración da rede social da nosa comarca.
   Reciben o apoio de particulares, empresas, asociacións, centros educativos, parroquias e confrarías, sindicatos...
    A nosa ANPA, Río de Va, consciente do incremento da demanda dos servizos da Cocina Económica que se está a producir nos últimos tempos, organizou unha recollida de alimentos para os almorzos.


   Durante este curso, igual que fixeron nos anteriores, os alumnos e alumnas do Primeiro Ciclo de Educación Primaria participan no blogue REDECMiniverso, de Entreculturas, aportando as súas ideas sobre o coidado do medioambiente, a igualdade ou a importancia da participación para construir unha cidadanía responsable.
   No Miniverso hai valores e normas comúns que axudan aos seus habitantes a convivir mellor. Tratan de coidarse e de ser responsables, porque todas as persoas son, somos, valiosas. Aunque somos diferentes podemos entendernos e levarnos moi ben. Cada persoa ten un lugar especial na Cidade Planeta. Todos contamos, todos aportamos.  

Queredes escoitar as súas cancións?