ABRIL 2025

 


Plantar, repoboar, coidar das prantas e das árbores... soster o planeta.


O grupo de voluntariado de biblioteca achegouse á veciña Residencia de Maiores de Laraxe para representar A casa da Mosca Chosca. Unha actividade de aprendizaxe-servizo que nos reporta grandes alegrías. Os usuarios e usuarias pasaron unha mañá divertida, se medimos por todo canto riron.



Nunca serán moitas de máis as actividades para educar na igualdade e rexeitar as diferenzas de xénero. Desta vez, foi da man de A Xanela do Maxín. Compartimos con Celtia Figueras unha obra de teatro participativa.

Como ensaio xeral, os nosos voluntarios e voluntarias quixeron compartir a súa obra de teatro con todos os compañeiros e compañeiras (e profes).


Da gusto ter estes profes tan participativos e solidarios, sempre dispostos a ler para nós de forma voluntaria no seu tempo de lecer.



    
     

O mercado de proximidade é fundamental para a sostenibilidade.


Este curso 24-25 continuamos co Programa TEI de titoría entre iguais. Ás veces, facemos lecturas compartidas.




MARZO 2025

 



Marzo é o mes no que temos que recordar de maneira especial que a igualdade non está aínda conseguida. Oxalá chegue o día no que non sexa necesario celebrar a xornada reivindicativa 8M. Mentres, aí estamos nós, intentando cambiar o mundo; porque nós somos quen de facelo!

 Eliximos (por votación democrática) un nome de muller para a aula de música. Por abrumadora maioría gañaron Fillas de Cassandra, que tanto nos gustan.

E recibimos a María López Seco, antiga alumna de Os Casais. Contounos o difícil que foi que as mulleres foran admitidas na Facultade de Mediciña e como, grazas as pioneiras que perseveraron no empeño, hoxe en día é unha profesión con ampla presenza feminina.



 Marzo é tamén o mes da segunda campaña solidaria de recollida de roupa e calzado. Sempre facemos unha en outubro e outra en marzo.

O 21 de marzo é un día completo, completísimos: Día da Poesía, Día da Árbore, Día da Síndrome de Down. Nunca deixamos de lembrar esta data; hai que seguir avanzando no camiño da 
INCLUSIÓN.


O profe Miguel é un lector voluntario!


Deixamos unha foto dos nosos voluntarios, que tanto traballan na biblioteca, recreo tras recreo. Grazas, chic@s! Desta vez, todos os libros foron doados; así que, doble solidariedade! Bravo por nós!

Nós somos grandes recicladores. Non so reciclamos papel e plástico, senón tamén: pilas, tóner, aceite, tapóns, bolis e cd. Esta semana baleiramos as caixas de bolis e cd; era o momento de levalos para a súa reciclaxe.


 O voluntariado de lectura é unha presenza constante durante todo o curso. Participa o profesorado (Nós tamén contamos), o alumnado (Somos contacontos) e as familias (Lectura e familias).

 Creamos comunidade participando. Gozamos moitísimo cando as familias veñen compartir con nós obradoiros, lecturas, saberes, testimonios...

FEBREIRO 2025

 


Acompañar aos pequerrechos na súa aprendizaxe da lectura é unha boa forma de cambiar o mundo. Enriquécenos a tod@s, facemos traballo en equipo, gozamos xunt@s, vivimos en comunidade... Todo positivo.
 Tamén este ano participamos no concurso escolar da ONCE, que fomenta a INCLUSIÓN.



 Este é o escudo que deseñaron en 4º para o concurso.


  Formamos parte do programa Lectura e Familias das Bibliotecas Escolares de Galicia. Temos a sorte de contar con un gran número da familias que veñen ler.
Son familias solidarias!

Para celebrar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, acompañounos Gema Acea Otero, antiga alumna de Os Casais. Gema é inxeñeira aeroespacial. Canto gustou todo o que presentou!
É unha muller solidaria, disposta a compartir o seu tempo e coñecemento con nós de forma altruísta.


 Solidarias son tamén as nosas profes, que cambian o seu tempo de lecer pola ocupación de compartir lecturas con nós.
Neste centro tomamos as decisións de forma democrática, opinando tod@s e votando. Realizamos asambleas e votación en urna. Cada persoa, un voto.




XANEIRO 2025

 



PAZ
      Outra xornada reivindicativa que nos gustaría non ter que celebrar. Esperamos o día no que a paz sexa unha realidade e non so un desexo compartido.
   Nós traballamos de forma colaborativa, cos nosos equipos interniveis, axudándonos, cooperando, solidarizándonos con todos os membros do grupo. Gústanos moito aprender así.

 

Fomentar nos compañeir@s o gusto pola lectura é contribuír á súa educación e tamén á nosa; tamén é establecer unha alianza entre maiores e peques; se o libro é Maruxa, reforzamos a igualdade de xénero.
Encántanos ser contacontos!



A educación é a maior forza transformadora.
Nós, dende o primeiro día, celebramos o Día Internacional da Educación.
A nosa cadeira vermella lémbranos todo o ano o importante que é reivindicar o respecto do dereito á educación que temos todas as persoas.



Sabemos da importancia de coidar a nosa ría. Curso tras curso sumámonos a xornada de limpeza simultánea de praias que organiza ADEGA. Pero sempre é necesario aprender e saber máis para valorar a riqueza dos mares, fomentar a súa explotación responsable e profundar na importancia da súa conservación.


Mellorar a convivencia é mellorar o mundo.
Hai que pensar globalmente, pero actuar localmente.




DECEMBRO 2024

 


Antes das vacacións, un pequeno grupo de alumnos, foi ata a Residencia de Maiores de Laraxe. Xunto con algunhas persoas residentes, pintamos un fermoso mural navideño que pasou a formar parte da súa preciosa decoración.
Foi unha xornada moi especial.
Grazas por acollernos!


Tamén somos solidar@s cos libros de Mica Bigotes. Non queremos que acaben nun contenedor de lixo e, por iso, polo Nadal, adoptámolos e acollémolos nas nosas casas.


Coidar ben das mascotas tamén é construír un mundo mellor.