ABRIL 2019


O día 10 veu Ramón Molina a facer un obradoiro do Móvete. Pasámolo moi ben e aprendimos moito sobre a solidariedade e o voluntariado.

O venres, 5 de abril, visitáronos Mourehammed Quechua e a súa mamá. 
Canto desfrutamos tod@s!


Este ano a SAME está dedicada ao medioambiente, porque é un tema moi preocupante.
Aquí tedes o noso mural.


Canto mérito teñen @s voluntari@s da biblioteca!
Pensade que perden o recreo por solidarizarse con Micabigotes e axudala no traballo que fai para nós.

MARZO 2019



O 21 de marzo, día de moitas celebracións viñemos con calcetíns desaparellados.




E, claro, tamén plantamos unha árbore.
Boa maneira de coidar a Natureza, verdade?




#Fridays for Future
Como non sumarnos a esta iniciativa internacional para chamar a atención sobre o cambio climático!!!


Álex, Antía e mais Helena si que son solidarias!
Elas soíñas montaron as pancartas para todos os nenos e nenas de cole.
Grazas, compañeiras!

Aqui tedes ao contacontos Álex.
Este curso o Concello retomou a actividade FenelendoMulleres. Aí estivemos nós.


Como marzo é o mes da poesía, polo 8M investigamos un pouco sobre algunhas das nosas poetas actuais.


FEBREIRO 2019


As nenas e nenos de 4º preparamos lecturas para compartir con 1º e 2º.
Gustáronlles moito.


Moitas das nosas mamás son tamén solidarias e pensan en nós.
Encántanos que veñan na Hora de Ler.


0 27 de febreiro fumos ler a Residencia de Maiores Domus Vi de Laraxe. 
#CompartindoMomentos


Somos solidarios cos que non saben ler!
Non van quedar sen contos, non?


Desta vez, foi Noa a que leeu na clase de Infantil.