DECEMBRO 2014



   

        Para o último día de clase deste ano, Micabigotes, a nosa gata bibliotecaria, ten preparado un merdadiño de libros solidarios.
         Esperamos xuntar moitos cartos!!!   
 Van ser para a cociña Economica.





O día 10 de decembro lembramos os Dereitos Humanos. Este ano, como era o seu 50 aniversario, fixemos actividades sobre Mafalda. 

                          

NOVEMBRO 2014

  O mes de novembro témolo dedicado da maneira  especial aos Dereitos da Infancia, isto é, a traballar sobre os dereitos das nenas, dos nenos e dos adolescentes.

 Temos outra campaña entre mans. Achégase o Nadal e é importante pensar en naqueles nenos e nenas aos que se lles perden as cartas de Reis polo camiño.

 
O 25 deste mes lembramos a gran lacra da de xénero. Queremos compartir este fermoso lipdub que fixeron os nosos veciños do IES de Mugardos.



Como se achega a data de celebrar o Día dos Dereitos dos Nenos a das Nenas temos preparado un gran mural sobre o que imos realizar a nosa actividade.

Estes nenos (neno e nena, nena e neno) ímolos encher de dereitos.

  Pero non é o único que facemos. Continuamos na nosa pequena labor solidaria, axudando  no que podemos. E, de novo, pidennos roupa. Fai moi pouco tempo que tivemos outra  recollida, máis... non importa!!! Algo atoparemos. Seguro. Somos quen de conseguilo.



Tamén recibimos os Pasaportes Solidarios para este curso 2014 - 2015. Están xa preparadiños para repartir polas aulas.



OUTUBRO 2014

A EDUCACIÓN, motor do dereito á saúde.

Por certo, quen lembra a cadeira vermella?



   Nós si. É aquela que nos lembra que hai moitos nenos e nenas no mundo aos que se lles nega o seu dereito á educación. Da man da negación dese dereito fundamental vai a negación do recoñecemento do resto de dereitos. 
   Os nenos e as nenas do CEIP. Os Casais non queremos olvidar isto, por iso, a nosa cadeira anda xa a percorrer o cole.
   Nos andamos moi atentos para descubrir onde a temos. Anda de acó para acolá; non perde recuncho onde estar.
   Non sabemos se anda a xogar ás agachadas con Micabigotes ou quere despistarnos. Pero non. Iso non é posible. Sempre a atopamos, porque estamos moi atentos de non perdela de vista. Non queremos esquecela; nin a ela nin a tódolos millóns de nenos e nenas que  representa.
   

O prestixioso premio Nobel da Paz foi concedido este ano a Malala e Kailash Satyarthi.


   O comité do Nobel recoñece a estes activistas, paquistaní a primeira, indio o segundo, pola súa loita en favor da educación infantil.   Kailash Satyarthi, con gran valentía personal, e seguindo  a tradición de Gandhi, lidera manifestacións pacíficas  para denunciar  a explotación infantil  e fomenta  o desenvolvemento de convencións internacionais  en favor dos dereitos dos nenos.
   Malala Yousatzay, a pesares dos seus 17 anos, leva loitando, en circunstancias perigosísimas, polo dereito  das nenas a recibir educación. É unha mostra de que os nenos  e  as nenas tamén poden  contribuir  a mellorar a súa  propia situación e hai que darlles voz.


   E, claro está, seguimos a coidar do medio ambiente. Sabemos  de sobra que as pilas non se poden tirar de  calqueira maneira, por iso, da casa traémolas para o cole para que vaian ao lugar axeitado e non queden contaminando tiradas  por aí. Iso sería moi perigoso.

SETEMBRO 2014




 Neste curso 2014-2015 imos traballar sobre a importancia da educación na vida das persoas, dado o seu papel fundamental á hora de acadar outros dereitos.
A educación é un dereito transformador.
A nós estanos trasformando.


h

 Non pensamos só en nós, senón tamén no resto dos nenos e das nenas, mesmo sen coñecelos de nada. Así que, aí estamos axudando a "Alba,la promesa" e a Alex.
Xa mandamos a nosa primeira remesa de tapóns.Temos moitos máis, que iremos levando pouco a pouco. E, de seguro, xuntaremos montes e moreas deles coma no curso pasado.


Tamén empezamos a recoller roupa. Mirade cantas bolsas temos xa, acabado de poñer o aviso.


No curso pasado, unha vez máis, participamos na Semana Mundial pola Educación. E aquí os ensinamos o noso diploma.


O primeiro día de clase levamos unha boa sorpresa! Recibimos o
recoñocemento por todo o traballo que fixemos o curso pasado, do
que deixamos constancia nos nosos Pasaportes Solidarios.


 
Aquí estamos un ano máis dispostos a facer moitas máis cousas solidarias.


MAIO 2014

   O ano 2013 foi declarado Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga. Por iso neste curso traballamos esta temática, cun material elaborado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e Aqualogy, co obxectivo de reflexionar e concienciarmonos sobre o papel que ten a sociedade (ou sexa, que temos todas as persoas) para mellorar a calidade e o acceso á auga.
   Todo aquelo que investigamos e máis as nosas conclusións quedaron plasmadas nun gran mural cooperativo que colocamos no corredor.

 
   Damos por pechados os nosos Pasaportes Solidarios. Moi probablemente, ainda faremos algunha cousiña máis de aquí a que remate o curso, porque nós non paramos! Pero, claro, como hai que mandalos á Xunta, non se pode agardar ao último día.




  De novo petan na porta pedindo a nosa colaboración. Desta vez é Protección Civil quen organiza unha campaña de recollida de alimentos para o banco de Cáritas.

    Coma sempre, aí estamos nós e as nosas familias que, solidarias, prestan a súa axuda e colaboración dende o primeiro día.


 Nestes momentos o noso cartel vai camiño de Madrid para competir na fase nacional. Aquí podedes ver o ben empaquetadiño que está para que chegue en perfectas condicións. 
Gañaremos?
Non é fácil, pero nós mantemos a ilusión.


E, por se a sorpresa fora pequena, levamos outra.


No mes de maio recibimos unha boa sorpresa!



Por segundo ano consecutivo o noso cole foi o gañador provincial do Concurso Escolar ONCE na nosa categoría.

ABRIL 2014

   O mes de Abril témolo dedicado ao medioambiente. É necesario coidar a Natureza; debemos conservar o noso planeta. E unha das cousas que máis debemos coidar é a auga, necesaria para a vida. Por iso, o terceiro ciclo está a facer un proxecto sobre a auga e un mural cooperativo onde quedará plasmado o seu traballo e as conclusións ás que cheguen despois de reflexionar sobre este tema.

   Mais tódolos cursos temos outra cita importante no mes de abril:


   Este ano o lema da Campaña Mundial pola Educación era Sumemos Capacidades, para reivindicar unha educación inclusiva, que atenda a todas as diversidades por igual.

 
Este é o gran mural que fixemos entre todas as clases.



   Acabamos de recibir un correo que nos gustou moito. Como os tapóns solidarios que fumos xuntando no que vai de curso enviámosllos a Alex, el mandou unha foto co noso cartel. Gracias Alex!


Os teus amigos e amigas de Os Casais, dende a distancia, dámosche unha aperta.

MARZO 2014


   En marzo traballamos sobre o dereito a igualdade.



Os nenos e as nenas de 5º e 6º fixemos unha actividade que levou por título "Mulleres da Auga".


Todos xuntos, despois de facer a actividade mediante o correo electrónico, confeccionamos un mural, que colocamos no corredor, para conmemorar o 8 de marzo.

   

FEBREIRO 2014

 

    Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria participamos na actividade en rede Conectandomundos,  de OXFAM-Intermón. Investigamos moitas cousas sobre a alimentación, non so da nosa, senón tamén a dun país que nos mesmos eliximos, o Congo. Descubrimos que no mundo hai moita xente que pasa fame. Tamén tivemos a oportunidade de compartir as nosas experiencias con outros colexios de moi diferentes sitios. Algúns deles eran de Italia e Portugal. Ao final fixemos un mural para que todos puideran ver o que traballamos.





   Os nenos e nenas do 3ºCiclo participaron no 30 Concurso Escolar ONCE. Unha parte das tarefas que houbo que realizar era a través da Rede, pero outra non: cada curso fixo un cartel para promocionar o Día da Ilusión e cadanseu oncedecálogo da ilusión. Isto foi o que presentamos ao concurso.
 


Queredes ver os nosos traballos?




E os manifestos que fixemos?


XANEIRO 2014




   O mes de xaneiro está especialmente dedicado á paz.


   A actividade que fixemos neste curso 2013-2014 levou por título Planeta de Paz. Cada clase fixo o seu propio planeta de paz, confeccionamos un gran mural, recopilamos frases célebres sobre a paz, fixemos pombas, recitamos poesías, proclamamos un manifesto, e cantamos a canción Seguiremos, de Macaco, que nos serviu como lema.


Este é o mural que fixeron os maiores e que nos serviu de telón de fondo do acto que fixemos.
Outra das actividades do 3º ciclo quedou tamén recollida nun mural.


 

DECEMBRO 2013




  Continuamos seguindo (na medida das posibilidades) a proposta de Entreculturas: Cada mes un dereito, cada día unha responsabilidade. Nesta ocasión, mes de decembro, o dereito elixido é o dereito a ter un fogar. Ese fogar que proporciona ás persoas amor e cariño, comprensión, protección, serenidade... 
   Os obxectivos son:

  • Achegar aos nenos e as nenas a realidade de moitos nenos, nenas e adolescentes que non disfrutan dun fogar.
  • Entender o que nos brinda un fogar e por qué é un dereito.
  • Reflexionar sobre a responsabilidade dos nosos gobernos de facer cumplir este dereito.
  • Fomentar actitudes de solidariedade e colaboración no noso entorno máis cercano para defender o dereito a un fogar en todo o mundo.


      Temos tamén xa preparados os nosos Pasaportes Solidarios, para completar neles tódalas cousas solidarias ou sobre valores en xeral que vamos facendo ao longo do curso. Así caeremos na conta de que estamos aprendendo a ser, ou máis ben que xa somos, persoas solidarias.



   Por outra banda, e como se achega o tempo de escribir a carta aos Reis Magos e non queremos que ningunha quede sen resposta, colaboramos co Concello de Fene nunha recollida de xoguetes.



NOVEMBRO 2013


   Como tódolos anos, no mes de novembro fixemos actividades relacionadas cos Dereitos dos Nenos e Nenas e Adolescentes.
   Neste curso 2013-2014 centrámonos en tres contidos clave: necesidades, desexos e dereitos, así como no dereito á participación. Traballamos a diferencia entre as necesidades e os desexos, para descubrir que a cada necesidade correspóndelle un dereito humano. 
 Os obxectivos foron:
  • Descubrir que hai cousas que necesitamos para medrar e poder ser felices e outras que simplemente desexamos.
  • Poñer en valor o que os nenos e as nenas poden facer polas súas comunidades. 




   Outra das nosas actividades foi destacar contos sobre os dereitos. Tres deles estiveron expostos nos corredores do centro


   E cada un fixo a súa tarxeta da Galaxsilla, coas que fixemos unha exposición, para destacar a importancia da solidariedade.  


   De novo foi solicitada a nosa colaboración nunha campaña de recollida de roupa usada e calzado. En esta ocasión tratouse de Global Humanitaria, ONG que traballa dende 1999 na cooperación internacional e na defensa dos dereitos dos nenos, favorecendo procesos de desenvolvemento que garantan a igualdade de oportunidades das persoas e dos pobos.


   Co obxectivo de reforzar os seus proxectos, Intervida e máis Educación Sin Fronteras uníronse e crearon Educo, unha ONG global de cooperación para o desenvolvemento que actúa alí onde máis os necesitan. A súa prioridade continúa a ser a infancia e a defensa dos seus dereitos, de maneira especial o dereito a recibir unha educación de calidade. Xuntaron as súas experiencias e os seus esforzos co obxectivo de continuar impulsando os proxectos actuais e emprender retos novos.
   Esta foi a razón de que no presente curso a nosa amiga Paula se fixera esperar un pouco máis de tempo. Pero agora temos xa todo disposto para organizar os talleres deste ano. O calendario queda como sigue:

 OBRADOIRO PARA O PROFESORADO: Martes, 3 de decembro. 16:30 - 18:00 h.
 OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS:      Martes, 10 de decembro. 16:30- 18:00 h. 
 OBRADOIROS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
                                                       Martes, 14 de xaneiro
                                                       Martes, 25 de marzo
                                                       Martes, 27 de maio    

Neste curso 2013-2014 traballaremos sobre o dereito á participación, porque os nenos e nenas somos quen de participar na sociedade e temos dereito a facelo.