NOVEMBRO 2013


   Como tódolos anos, no mes de novembro fixemos actividades relacionadas cos Dereitos dos Nenos e Nenas e Adolescentes.
   Neste curso 2013-2014 centrámonos en tres contidos clave: necesidades, desexos e dereitos, así como no dereito á participación. Traballamos a diferencia entre as necesidades e os desexos, para descubrir que a cada necesidade correspóndelle un dereito humano. 
 Os obxectivos foron:
  • Descubrir que hai cousas que necesitamos para medrar e poder ser felices e outras que simplemente desexamos.
  • Poñer en valor o que os nenos e as nenas poden facer polas súas comunidades. 




   Outra das nosas actividades foi destacar contos sobre os dereitos. Tres deles estiveron expostos nos corredores do centro


   E cada un fixo a súa tarxeta da Galaxsilla, coas que fixemos unha exposición, para destacar a importancia da solidariedade.  


   De novo foi solicitada a nosa colaboración nunha campaña de recollida de roupa usada e calzado. En esta ocasión tratouse de Global Humanitaria, ONG que traballa dende 1999 na cooperación internacional e na defensa dos dereitos dos nenos, favorecendo procesos de desenvolvemento que garantan a igualdade de oportunidades das persoas e dos pobos.


   Co obxectivo de reforzar os seus proxectos, Intervida e máis Educación Sin Fronteras uníronse e crearon Educo, unha ONG global de cooperación para o desenvolvemento que actúa alí onde máis os necesitan. A súa prioridade continúa a ser a infancia e a defensa dos seus dereitos, de maneira especial o dereito a recibir unha educación de calidade. Xuntaron as súas experiencias e os seus esforzos co obxectivo de continuar impulsando os proxectos actuais e emprender retos novos.
   Esta foi a razón de que no presente curso a nosa amiga Paula se fixera esperar un pouco máis de tempo. Pero agora temos xa todo disposto para organizar os talleres deste ano. O calendario queda como sigue:

 OBRADOIRO PARA O PROFESORADO: Martes, 3 de decembro. 16:30 - 18:00 h.
 OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS:      Martes, 10 de decembro. 16:30- 18:00 h. 
 OBRADOIROS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
                                                       Martes, 14 de xaneiro
                                                       Martes, 25 de marzo
                                                       Martes, 27 de maio    

Neste curso 2013-2014 traballaremos sobre o dereito á participación, porque os nenos e nenas somos quen de participar na sociedade e temos dereito a facelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario