XUÑO 2026

 


SORPRESA!
Chegou a noticia un pouco tarde de máis, porque a rapazada xa está de vacacións, pero que alegría igualmente cando se enteraron.
E ben merecido está!


Acabamos de recibir o diploma que recoñece todo o noso traballo en favor do medio ambiente.

MAIO 2026

 


Non podemos estar máis orgullosos da nosa comunidade educativa.
Estamos de parabéns. Os dous principais proxectos con forte implicación das familias nos que traballamos neste curso 25-26 recibiron cadanseu premio:
Un Accéit no Certame de Cooperatismo no ensino para O noso patio soñado e
o 2ºPremio no Concurso Somos Rural para Muíños.
Traballar de forma colaborativa ten premio!!!


ABRIL 2026

 


   Responsabilidade e compromiso é o que nos pide cada ano a Campaña Mundial pola Educación. Un pequeno xesto simbólico axúdanos a lembrar que a EDUCACIÓN é un dos maiores motores de transformación.


O mes de abril brindounos este ano a oportunidade de realizar unha nova actividade solidaria, altruísta, cooperativa e ecolóxica: un troco de libros!
Foi todo un éxito!

Polo Día do Libro o grupo de voluntariado de biblioteca achégase á Residencia de Maiores para ofrecerlles aos usuarios e usuarias o seu tempo, o seu traballo e a súa alegría.

E, antes do gran día, comparten isto cos seus compañeiros e compañeiras!

Coma sempre, fixemos a xornada de apadriñamentos lectores que tanto nos gusta. Compartir tempo e libros cos nenos e nenas máis pequeno, encántanos!
Isto tamén é ser solidarios! Moitos pequerrechos non saben ler!


E seguimos contando con mamás lectoras!

PATRIMONIAMOS!
O obradoiro deste curso con Ramón Molina foi sobre o 
patrimonio galego.  Canto nos gustou! Que ben o pasamos!


MARZO 2026

 


Un ano máis, chegou o día dos calcetíns desaparellados!
Con este xesto tan sinxelo, queremos reivindicar a INCLUSIÓN.

O día 13 de marzo recibimos na nosa biblioteca á Directora Xeral de Xuventude!
Veu presentarnos os novos Pasaportes Solidarios.
Que honra que escollera o noso centro!


8M
Cantas actividades fixemos polo 8M.
Nunca nos cansaremos de reivindicar a
IGUALDADE

De novo solicitan a nosa axuda para recoller roupa e calzado. Fai pouco tempo que tivemos unha campaña igual, pero somos VALENTES e volveremos intentalo!
As nosas familias sempre responden. Son solidarias!


FEBREIRO 2026

 


Na procura do ben común, facemos voluntariado de lectura:
Familias lectoras, Nós tamén contamos e Somos contacontos.
Proxecto o noso patio soñado


Traballando de forma cooperativa estamos deseñando o patio que nos gustaría ter.

En febreiro tivemos que entregar o noso traballo para o Concurso da ONCE.
Deseñamos unhas gafas.




XANEIRO 2026

 


DÍA DA PAZ
Nunca, nunca, nunca, podemos perder a esperanza de conseguir a paz.
Nós, así o facemos e, por iso todos os anos, cada 30 de xaneiro, celebramos
o Día Escolar da Non violencia e a Paz.

A ESPERANZA do mundo está na educación, que é a ferramenta máis poderosa para sermos  quen de construír unha humanidade mellor, máis igualitaria, equitativa, xusta e sostible. Por iso, nunca deixamos de celebrar o
24-X


   Nós non perdemos a ESPERANZA e confiamos en ser quen de frear o deterioro acelerado do planeta. Por iso, nada máis incorporarnos das vacacións, decidimos darlle un pulo á recollida de pilas. Recollemos todo o ano pero, despois do Nadal, andan moitas perdidas polas casas. Hai que recollelas!