DECEMBRO 2018


Este curso o noso Festival de Inverno foi moi especial. Durante todo o trimestre realizamos un PDI sobre os animais en perigo de extinción.
Sempre pensando na NATUREZA!
Nós (o alumnado) organizamos todo. E cada clase preparou a súa actuación.
Aquí as deixamos. Esperamos que vos gusten.



Nós pensamos nos de lonxe, pero tamén naqueles que están perto de nós. Por iso nestas datas quixemos agasallar @s máis pequen@s. 
Fíxolles moita ilusión!
(E a nós (5º/6º), tamén)

Coma sempre, a nosa cadeira vermella non deixa pasar ocasión para lembrarnos o importante que é a EDUCACIÓN.
E que mellor momento que o Nadal para lembrar que non estamos sos no mundo, que hai nenas e nenos que non teñen boas condicións de vida e é responsabilidade de todos cambialas!

Como conseguimos unha ambientación navideña tan espectacular?
Claro! Como sempre: colaborando, traballando en equipo, participando tod@s (nenos, nenas, familias e prof@s).
Quedou chulo, verdade?

Canto nos gustou o agasallo de participación que a ONCE nos enviou!
Xa podemos ir rompendo a cabeza!

Nós somos solidari@s; pero de verdade, de verdade. Pensamos na xente, nos animais, no planeta enteiro...
E nos libros!
Como imos deixar sos aos nosos queridos libros no Nadal!

Como se aprende? Co exemplo. Ou non?
As nosas familias pensan que si; e son as primeiras en aprendermonos a colaborar voluntariamente de forma desinteresada.