OUTUBRO 2022

 


RECICLAXE
Temos todos os contenedores a punto e estamos ensinando aos novos alumnos e alumnas onde teñen que poñer cada cousa: os bolis, as pilas, os tapóns...
E, por suposto, queremos que aprendan axiña que os nosos recreos son de Residuos Cero.

Lembrades a nosa cadeira vermella?
Si, si, esa que defende a educación de calidade para todos e todas.
Pois, moita atención, que vai empezar a circular.
Non a perdades de vista!





Continuamos sendo punto de recollida de Tapóns Solidarios.
Este curso irán para Pontedeume; para Emma.


Ao comezar o curso fixemos a nosa primeira recollida de roupa e calzado.