XUÑO 2021

 

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

Como este curso foi tan especial, igual alguén pensa que non fixemos voluntariado na biblioteca. Pois si que fixemos, e moito.






E, ademáis, temos os nosos diplomas para certificar canto traballamos.
Ser voluntari@ ten premio!

 

E nós non somos os únicos voluntari@s. @s profes, tamén!






Pero @s máis voluntari@s de lectura de todo o mundo mundial fumos nós, os nenos e as nenas de 6º, que, como neste "coronacurso" non podíamos ir ler á clase de Educación Infantil, decidimos non deixar aos pequerrechos sen os nosos contos.

MAIO 2021

 

Este curso 2020-21 foi difícil: aulas-burbulla, máscaras, xel, desinfección, biblioteca en quendas, nada de actividades tod@s xunt@s, nin piscina, teatro, excursións...

Pero fixemos moitas actividades online. E non íamos quedar sen o

ENCONTRO DO VOLUNTARIADO MIÚDO

Só se conectou a nosa clase: 6º de Primaria. Suso e Lucía foron @s nos@s representantes e @s encargad@s de presentar o noso proxecto e máis explicar o que pensamos que se pode facer no futuro.
Contámoslles o importante que é o noso bosque para o cole e por qué o limpamos (aunque non lle facía moita falta, que témolo sempre limpo)


Ese día, todos os nenos e todas as nenas do cole vestiron a súa camiseta do voluntariado, porque de corazón, tamén estaban no encontro, anque non estiveran conectad@s. Aquí podedes ver a clase de 5º ben content@s con elas.


Nótase que o proxecto Somos quen é de tod@s, verdade?

PREMIO!!!


Estamos moi, moi content@s, porque @s compañeir@s de 5º gañaron o PREMIO PROVINCIAL do 37 Concurso Escolar ONCE.
Na clase de 6º tamén participamos, pero el@s fixérono mellor.
Parabéns, chic@s! 
PREMIO DE 5º = PREMIO DE TOD@S

Est@s somos nós co agasallo que recibimos por participar.
E aquí tedes o traballo gañador:


ABRIL 2021



SAME 2021
SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
Nós tamén, coma sempre, alzamos a nosa voz pola
EDUCACIÓN.

    No segundo trimestre as nenas e os nenos de 5º e 6º participamos no Conectandomundos. Aprendimos moitas cousas sobre o cambio climático e as súas graves consecuencias. E as compartimos con outros coles, de moi diferentes partes do mundo.


Participamos con dous equipos, un de 5º e outro de 6º.

 

MARZO 2021

 



É tempo de falar de futuro...


Este curso os nosos Pasaportes Solidarios son do Camiño de Santiago.

Así que, neste curso 2020-21, nós somos "peregrin@s solidari@s"!!!


FEBREIRO 2021

 

A CADEIRA VERMELLA

Agora que temos esta "nova biblioteca" tan preciosa, imos deixar aquí todo o ano a nosa Cadeira Vermella.
Este ano non podemos facer actividades compartidas con ela; así que, aquí queda, así podemos vela sempre que vaiamos facer o préstamo.


XANEIRO 2021


30 - XANEIRO
DÍA DA PAZ


24 -X
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

TAPÓNS SOLIDARIOS

A pesares de que ninguén pode achegarse ao centro fumos xuntando tapóns. Menos que nos outros anos. Pero aí estamos.
Xa fixemos a nosa primeira entrega.



DECEMBRO 2020


NO NADAL ADOPTA UN LIBRO


Nós somos solidari@s. Tamén cos nosos libros. Queremos que teñan unha boa vida. Se aquí xa non poden estar, o mellor é adoptalos, non?

CELEBRAMOS O DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL
Porque a diferenza suma.


PASAPORTES SOLIDARIOS

No mes de novembro recibimos os Pasaportes do curso anterior e tamén os diplomas do Voluntariado Galego.

   Os pasaportes novos, desta vez, foron moi diferentes aos dos outros anos, porque, como este ano é Xacobeo, recibimos os

 Pasaportes do Camiño.



NOVEMBRO 2020


25 - N
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Participamos coas ANPAS de Ferrolterra. Agora temos este cartel no cole.


20 - N
DEREITOS DA INFANCIA


Este curso non podemos xuntarnos nunca, así que, se queremos facer cousas para todos, que nos queda? Video! Este curso vai ser o curso dos videos.

Mirade que pegata máis chula nos regalou Mica:

Decidimos continuar co proxecto da biblio que deixamos sen rematar o curso pasado. Estamos moi content@s porque temos moito que investigar. O medio ambiente necesita da nosa axuda.


Non sabemos aínda o que faremos en cada clase, que este ano non podemos traballar xunt@s. Somos clases-burbulla.
Pero todo estará no sitio do curso pasado: