OUTUBRO 2016



Acabamos o mes axudando á nosa Mica Solidaria.
Cando estamos de festa é cando máis debemos acordarnos daquelas persoas que teñen necesidades e pode que non poidan divertirse coma nós.
Así que, Micabigotes propúxonos celebrar un Mercadiño Solidario de Libros en favor da Cocina Económica.
Aí estivemos as nenas e nenos de 5º e 6º poñendo o noso esforzo para que todo saíse ben, coa ilusión de recaudar uns cartiños cos que poder axudar.
 
  S.O.S. ÁFRICA
Teremos que rebuscar nos nosos armarios. Hai moi pouco tempo que lles demos un repaso para atopar esas prendas ás que non lles damos uso.
Seguro que algo mais haberá para poder doar!



 MULLERES COLLEITEIRAS
Dende finais do curso pasado colaboramos na recollida de aceite usado co proxecto "Mulleres Colleiteiras".
Viñeron dar unha charla informativa na reunión de presentención do curso coas familias.
Agora acabamos de recibir uns prácticos funís para incorporar ás botellas nas que recollemos o aceite das nosas cociñas.



O proxecto "Mulleres Colleiteiras" ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso.



As premisas do proxecto son 3:

1.  Promover a inserción sociolaboral, o empoderamento e a autonomía de mulleres en situación de exclusión social.



2. Constituír unha alternativa de autoemprego rentable e sostible para as mulleres traballadoras



3. Promover unha proposta de recollida de aceite, local e de baixo custe, e de aproveitamento e reutilización dun recurso.




Desta forma, a pertinencia da iniciativa céntrase no triple beneficio:



-económico e social: creación de postos de traballo para a integración e inclusión das mulleres "en situación" de exclusión social mediante a achega dun traballo que xera un beneficio económico e un servizo á cidadanía.

-ambiental: aproveitando un recurso moi enerxético e evitando  o problema de vertidos, mediante un proceso local na totalidade do ciclo de xestión, utilizando man de obra desempregada dende a súa recollida ata a súa transformación e utilización en equipamentos locais, evitando os custos económicos e enerxéticos do transporte. 
 


Que podiamos facer nós con todas estas unidades didácticas que nos enviaron a finais do curso pasado? Pero si son para Secundaria e Bacherelato!
Así que decidimos doalas.
Mandámolas ao CPI Virxe da Cela, de Monfero. Aí poderán darlle un bo uso. Sabede que é este un centro de referencia en Galicia no traballo de educación en valores, educación para o desenvolvemento e solidariedade.
Se queredes coñecelo un pouco mellor, podedes consultar o seu blogue.
 http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/


GLORR HUMANITARIA
A Campaña de Recollida de roupa e calzado usados de GLORR HUMANITARIA é sempre a primeira que facemos. Xa a temos aquí.
Tod@s a colaborar!


Cómo non repetir cos nosos Pasaportes Solidarios!
Acabamos de facer a inscrición no programa. Só queda que nolos manden e... empezar! 


Un novo curso para ter moi presente a nosa cadeira vermella.
           

É onde nacemos e medramos, a que nos da todos os recursos que precisamos para a nosa existencia.
Por iso, este ano La silla roja quere representar cómo unha educación transformadora e de calidade é fundamental para construir un mundo de igualdade e respecto pola Natureza.