XUÑO 2022

 

VOLUNTARIADO, CHAO!
Chegou a hora de despedir a parte do noso voluntariado.
6º marcha. Ata sempre!

Xuño é sempre tempo de rematar. E de recibir diplomas. Son o recoñecemento ao noso traballo. Gústanos recibilos.
Aquí estamos nós, supercontent@s cos diplomas que o 
Voluntariado Galego nos enviou por realizar 
os Pasaportes Solidarios.




MAIO 2022

 


SORPRESA!
Foi grande a sorpresa que levamos cando o noso centro foi convidado a participar no Seminario web do Ministerio de Educación e Formación Profesional "A dimensión ecosocial para unha educación transformadora".
Grande foi a sorpresa, pero tamén un motivo de alegría enorme.
Aí estiveron a Directora e a Coordinadora,
dando a coñecer o proxecto
Somos quen.