DÍA DA PAZ
Nunca, nunca, nunca, podemos perder a esperanza de conseguir a paz.
Nós, así o facemos e, por iso todos os anos, cada 30 de xaneiro, celebramos
o Día Escolar da Non violencia e a Paz.
A ESPERANZA do mundo está na educación, que é a ferramenta máis poderosa para sermos quen de construír unha humanidade mellor, máis igualitaria, equitativa, xusta e sostible. Por iso, nunca deixamos de celebrar o
24-X
Nós non perdemos a ESPERANZA e confiamos en ser quen de frear o deterioro acelerado do planeta. Por iso, nada máis incorporarnos das vacacións, decidimos darlle un pulo á recollida de pilas. Recollemos todo o ano pero, despois do Nadal, andan moitas perdidas polas casas. Hai que recollelas!



