MARZO 2025

 



Marzo é o mes no que temos que recordar de maneira especial que a igualdade non está aínda conseguida. Oxalá chegue o día no que non sexa necesario celebrar a xornada reivindicativa 8M. Mentres, aí estamos nós, intentando cambiar o mundo; porque nós somos quen de facelo!

 Eliximos (por votación democrática) un nome de muller para a aula de música. Por abrumadora maioría gañaron Fillas de Cassandra, que tanto nos gustan.

E recibimos a María López Seco, antiga alumna de Os Casais. Contounos o difícil que foi que as mulleres foran admitidas na Facultade de Mediciña e como, grazas as pioneiras que perseveraron no empeño, hoxe en día é unha profesión con ampla presenza feminina.



 Marzo é tamén o mes da segunda campaña solidaria de recollida de roupa e calzado. Sempre facemos unha en outubro e outra en marzo.

O 21 de marzo é un día completo, completísimos: Día da Poesía, Día da Árbore, Día da Síndrome de Down. Nunca deixamos de lembrar esta data; hai que seguir avanzando no camiño da 
INCLUSIÓN.


O profe Miguel é un lector voluntario!


Deixamos unha foto dos nosos voluntarios, que tanto traballan na biblioteca, recreo tras recreo. Grazas, chic@s! Desta vez, todos os libros foron doados; así que, doble solidariedade! Bravo por nós!

Nós somos grandes recicladores. Non so reciclamos papel e plástico, senón tamén: pilas, tóner, aceite, tapóns, bolis e cd. Esta semana baleiramos as caixas de bolis e cd; era o momento de levalos para a súa reciclaxe.


 O voluntariado de lectura é unha presenza constante durante todo o curso. Participa o profesorado (Nós tamén contamos), o alumnado (Somos contacontos) e as familias (Lectura e familias).

 Creamos comunidade participando. Gozamos moitísimo cando as familias veñen compartir con nós obradoiros, lecturas, saberes, testimonios...