DECEMBRO 2021

 


O Nadal sempre é tempo de pensar nos demaís  e de ter bos desexos para o mundo.
Que boa convivencia teríamos se se cumplises todos os nosos desexos!!!

Durante as vacacións, en Afundación en Ferrol, estarán expostas as violetas que fixemos contra a violencia de xénero. Tamén estarán nesa exposición as de todos os coles que participaron.


A que sempre é moi, moi solidaria con nós é nosa querida gata bibliotecaria: Micabigotes. Non hai ano que non ofreza libros en adopción, ben sexa para nós ou para os nosos familiares.


Polo Nadal realizamos a nosa  Campaña Solidaria de Xoguetes.



PASAPORTE SOLIDARIO

Quen mellor que Cristóbal Rodríguez para falarnos da importancia dos nosos Pasaportes Solidarios? 
E do Camiño de Santiago!

Somos solidari@s!

Neste Xacobeo 21-22 tivemos unha Maleta Viaxeira con libros sobre o Camiño de Santiago.
O Camiño sempre estivo cheo de solidariedade.


5 DE DECEMBRO
DÍA DO VOLUNTARIADO


Se nós somos solidari@s, temos bos mestr@s para aprender a selo. Aquí tedes ao profe Jesús lendo para os pequerrechos. E vai ler a todas as clases.
Grazas, Jesús, polo teu voluntariado de lectura. Gústanos moito.




3 DE DECEMBRO
DÍA DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE
A nós gústanos chamarlle:

DÍA DA DIVERSIDADE ou  DÍA DA INCLUSIÓN

Ese día abrimos os paraugas e enchimos o cole de cores.





No hay comentarios:

Publicar un comentario