MAIO 2021

 

Este curso 2020-21 foi difícil: aulas-burbulla, máscaras, xel, desinfección, biblioteca en quendas, nada de actividades tod@s xunt@s, nin piscina, teatro, excursións...

Pero fixemos moitas actividades online. E non íamos quedar sen o

ENCONTRO DO VOLUNTARIADO MIÚDO

Só se conectou a nosa clase: 6º de Primaria. Suso e Lucía foron @s nos@s representantes e @s encargad@s de presentar o noso proxecto e máis explicar o que pensamos que se pode facer no futuro.
Contámoslles o importante que é o noso bosque para o cole e por qué o limpamos (aunque non lle facía moita falta, que témolo sempre limpo)


Ese día, todos os nenos e todas as nenas do cole vestiron a súa camiseta do voluntariado, porque de corazón, tamén estaban no encontro, anque non estiveran conectad@s. Aquí podedes ver a clase de 5º ben content@s con elas.


Nótase que o proxecto Somos quen é de tod@s, verdade?

PREMIO!!!


Estamos moi, moi content@s, porque @s compañeir@s de 5º gañaron o PREMIO PROVINCIAL do 37 Concurso Escolar ONCE.
Na clase de 6º tamén participamos, pero el@s fixérono mellor.
Parabéns, chic@s! 
PREMIO DE 5º = PREMIO DE TOD@S

Est@s somos nós co agasallo que recibimos por participar.
E aquí tedes o traballo gañador: