O 22 de abril celebramos o Día da Terra. Seguimos coa nosa campaña de apadriñamento de pingüíns.
Este curso "estivemos" con eles na Antártida grazas ás gafas 3D.
Foi fantástico!
Non nos olvidamos de acompañar este mural coa nosa cadeira vermella, sempre presente no noso cole.
Este ano, non só nos lembraba que temos que reivindicar á educación para todos os nenos e nenas do mundo, senón tamén que debemos coidar a Terra, a casa de todos. Vivir nun medioambiente saudable é tamén un dereito.
É hora de coidar a Terra!
Coma sempre, na última semana do mes de abril celebramos a Campaña de Acción Mundial pola Educación. Para este curso o lema foi: Pido a palabra pola educación.
Aquí deixamos unha imaxe do gran mural que fixemos con todos os nosos traballos.
Quixemos poñer o noso gran de area para axudar a Adri, que ten síndrome de Hunter e espera un novo tratamento que poida curar esta enfermidade.
Son moitísimas e variadas as iniciativas que están a levarse a cabo na bisbarra. Esperamos que se extendan por toda Galicia e por España enteira.
#Una cura para Adri
Nós fixemos marcapáxinas solidarios.
340 €
Grazas a tod@s!