DECEMBRO 2017


A educación abre o mundo




   Neste preciso momento no que estamos pensando xa todo o tempo en ter vacións e recibir regalos, é necesario poñer os pés na terra para non perder de vista a realidade.
Por iso, de maneira especial no Nadal, reivindicamos o dereito á educación.
 
 
No Nadal adopta un libro.

Micabigotes non quere que os libros que xa non están na biblioteca pasen o Nadal soíños. Necesitan un fogar, un lugar onde atopen alguén que os lea. Por iso, @s bibliotecari@s voluntari@s traballaron a tope os últimos días antes das vacacións. Mirade.

NOVEMBRO 2017


 25 - N

O luns fixemos un acto contra a violencia de xénero.
Primeiro vimos un video no que participaron as nenas do cole.




  Pero tod@s sabemos que non falamos dun problema so das mulleres, senón dun grave problema social que é de TOD@S.
 Parte dunha desigualdade profunda, dunha minusvaloración da muller como persoa, que so coa EDUCACIÓN  poderá desaparecer.

    Os nenos foron os encargados de construir o mural reivindicativo. Está feito coas fotografías aportadas polas familias.
 
Para rematar, tod@s xunt@s, cantamos "Tempestades de sal", de Sés, que foi a banda sonora da nosa reivindicación.

 DEREITOS DA INFANCIA
Como Micabigotes pediunos que fósemos artistas, aproveitamos a celebración deste día para demostrarlle que xa o somos.
 E quedou contenta (ou iso foi o que dixo o Rato Gordecho...)
  Gústanos tanto colaborar e axudar que @s maiores convertímonos en contacontos e, cada venres, lémoslles historias ás nenas e aos nenos de Educación Infantil.



Cando fumos ver a exposición de arte e música Sonoro Empeño fixemos un bonito mural cooperativo, traballando como a nós nos gusta, tod@s xunt@s.


Vai que lembra a nosa bandeira? Non si?  

 http://picasion.com/

EUREKA!
Menos mal que est@s avispad@s alumn@s de 4ºderon coa cadeira!
Xusto a tempo para colocala no seu sitio cando celebremos o Día dos Dereitos da Infancia.
 

OUTUBRO 2017


PROGRAMA TEI


 O respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos deste programa de convivencia, no que o alumnado de 5º e 6º de Primaria titorizarán @s compañeir@s de 3º.

O mércores, 11 de outubro, celebramos na biblioteca o acto de presentación do Programa TEI, de titoría entre iguais.
A prensa fíxose eco de tan importante noticia.


Ante a traxedia que vivimos da man do lume foinos imposible permanecer indiferentes.
 

S.O.S. África veu solicitar este mes colaboración coa súa campaña. Fai moi pouco tempo que fixemos unha primeira recollida de roupa.
Será posible atopar algo máis?

 Conseguímolo!
Vedes que, pouco a pouco, van aparecendo algunhas bolsas.


Cando o curso pasado iniciamos a actividade de Voluntariado de Biblioteca tivemos moito éxito. Iso, a pesares de que é unha iniciativa que require bastante sacrificio personal: hai que renunciar ao tempo de lecer do recreo para quedar a traballar na biblio.
Quen se negou este ano?
NINGUÉN!!!



Chegado outubro recibimos sempre un novo video da Campaña La silla roja, de Entreculturas.

 

 Válenos para lembrar por qué temos sempre no cole, nun lugar ben visible, unha pequena cadeiriña vermella que nós mesmos pintamos.
Lembrades?
Témola como símbolo de que nós defendemos sempre o
 DEREITO Á EDUCACIÓN

Mais, neste momento, temos un pequeno problema: os primeiros días do curso estaba colocada xunto á entrada, pero agora ninguén sabe onde vai...

Iniciamos a nosa primeira campaña de recollida de calzado e roupa.

SETEMBRO 2017

Este curso comezamos as nosas actividades de voluntariado ben cediño. Ao pouco de iniciar as clases colaboramos coa Asociación Betula na limpeza do río Baa.


Antes de saír recibimos unha charla na biblioteca, coa que aprendimos moito e, despois, poidemos comprobar o necesario que é que se fagan actividades deste tipo. Desgraciadamente foron moitísimas as cousas que tivemos que retirar do río e, se estaban alí, foi porque as persoas non somos suficientemente conscientes da importancia do coidado do medioambiente.
Nós, dende agora, serémolo un pouco máis.

Coidemos os nosos ríos!

(Vedes o cartel? É que somos plurilingües!!!)

XUÑO 2017


Agora que o curso está a piques de rematar é xusto recoñecer todo o traballo que realizaron @s voluntari@s de biblioteca. Igual alguén non caera na conta de que algúns non estaban no patio nos recreos dos luns.
 Mirade o que estaban facendo: prestar a súa axuda a Mica Bigotes.

 Son campións e campionas en solidariedade!!!
 Xa temos aquí o video-resumo da SAME deste ano.

MAIO 2017


@s nen@s de 5º e 6º recibiron o seu premio da ONCE. 
Podedes comprobar que están ben content@s coas súas novas mochilas. E con razón, poden estar satisfeit@s co traballo realizado e sempre é agradable conseguir un recoñecemento.
 

ABRIL 2017


O 22 de abril celebramos o Día da Terra. Seguimos coa nosa campaña de apadriñamento de pingüíns.
Este curso "estivemos" con eles na Antártida grazas ás gafas 3D.
Foi fantástico!





Non nos olvidamos de acompañar este mural coa nosa cadeira vermella, sempre presente no noso cole.
Este ano, non só nos lembraba que temos que reivindicar á educación para todos os nenos e nenas do mundo, senón tamén que debemos coidar a Terra, a casa de todos. Vivir nun medioambiente saudable é tamén un dereito.

É hora de coidar a Terra!


Coma sempre, na última semana do mes de abril celebramos a Campaña de Acción Mundial pola Educación. Para este curso o lema foi: Pido a palabra pola educación.
Aquí deixamos unha imaxe do gran mural que fixemos con todos os nosos traballos.





Quixemos poñer o noso gran de area para axudar a Adri, que ten síndrome de Hunter e espera un novo tratamento que poida curar esta enfermidade.
Son moitísimas e variadas as iniciativas que están a levarse a cabo na bisbarra. Esperamos que se extendan por toda Galicia e por España enteira.
#Una cura para Adri
 Nós fixemos marcapáxinas solidarios.


 340 €
Grazas a tod@s! 

MARZO 2017

 A prensa fíxose eco da nosa boa nova.
Somos fantástic@s!

 A primavera chegou da man dun correo que nos puxo moi contentos.
Cita ao grupo de 6º, pero nós sabemos ben que neste recoñecemento inclúense tamén as alumnas e alumnos de 5º, que participaron xunto con eles na elaboración do traballo presentado.


As nenas e os nenos de 3º e 4º de Primaria remataron o Conectandomundos.
           

Agora están xa dispostos a derrubar ese muro que levantaron para non deixar medrar a árbore dos valores que "plantaron" @s compañeir@s de 2º.
 
 Fora muros!

  Acabamos de recibir o video-resumo da Campaña Mundial pola Educación do curso pasado.
Lembramos así que queda xa moi pouco para a deste ano.
Queredes velo?
 

FEBREIRO 2017


Xa están chegando dende a Antártida os pingüíns que apadriñamos este curso.

    Somos un cole ben preocupado polo medio natural e pensamos que xestos coma este axúdanos a facer conciencia da importancia de respectar a biodiversidade.

XANEIRO 2017


33 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Tal como vimos facendo dende hai varios anos, participamos no concurso da ONCE, que se ocupa de ensinarnos a importancia da diversidade e da inclusión.
O tema deste ano era o acoso escolar.
Aquí tedes o traballo que presentamos.
A ver si hai sorte!
 


@s gatiñ@s de Mica iniciaron na última semana de xaneiro a súa participación na actividade interactiva internacional Conectandomundos. Están moi content@s e esperan aprender tanto como en anteriores edicións e tamén divertirse e coñecer nenos e nenas doutros lugares.
O luns, 23 de xaneiro, recibimos no cole a Abel, que veu impartir uns obradoiros sobre a Campaña Mundial pola Educación, na que participamos dende o ano 2010.




Queredes refrescar a memoria? Si?
Pois aquí tedes videos e fotografías de cursos pasados que recollen a nosa participación.














   






 Cada día falta menos para o día 30, data na que celebramos o día escolar da non violencia e a paz.
Nós xa temos todo preparado.
 

 A Base Antártica Española "Gabriel de Castilla" inicia a campaña 2017 do apadriñamento de pingüíns. Non perderemos a ocasión de aumentar o noso grupo de pingüíns con novas incorporacións. Por algo somos coidadores do medioambiente e estamos comprometidos coa biodiversidade e a sustentabilidade do planeta.