XANEIRO 2016


No mes de xaneiro imos ter moi presente que as mans que defenden os dereitos (as nosas mans) constrúen PAZ.

Eu teño alguén no meu corazón...
Eu teño alguén no meu corazón e ti tes alguén no teu corazón. Todos temos a alguén no noso corazón. E todos e todas queremos que alguén nos teña no seu corazón.
Porque cando alguén nos ten no seu corazón é quen de extender os brazos para axudarnos se o precisamos, para levantarnos se caemos, para darnos unha aperta se a precisamos.
Porque cando teño a alguén no meu corazón, tamén eu sinto a necesidade de axudar, de erguer, de abrazar, sen que mo teñan que pedir.
E, anque pareza pequeno, o meu corazón, o teu corazón, ten espazo, moito espazo, para ter a moitos e moitas "alguéns".
Desa capacidade do noso corazón nace a PAZ, unha paz pequeniña e fráxil. Pero cando xuntamos a túa pequeniña paz coa miña, coa dos amigos e amigas, coa das nosas familias, coa dos veciños e veciñas, coa das persoas que veñen de lonxe, fuxindo da fame, da guerra, do medo, e que traen candansúa paz pequeniña medrando ao rente dese alguén que teñen no seu corazón, entón transfórmase nunha paz grande, enorme, inmensa e poderosa. Co poder que lles da os nosos corazóns.
Eses corazóns que todas e todos temos habitados por alguén.
Queremos seguir tendo a alguén nos nosos corazóns, porque queremos para todos un
 MUNDO DE PAZ.
Nisto queremos poñer o noso empeño  e o noso esforzo, e para lembralo cada día, para que nolo lembredes, asinamos este
COMPROMISO DE PAZ. 

 
E, por se alguén pensa que con asinar non é bastante,... deixamos tamén as nosas fotos
para reafirmar o noso  
COMPROMISO.
  
  Como en anos anteriores, neste curso
tamén participamos no Concurso escolar da ONCE. Só puidemos presentar dous carteis, pero fixemos moitos diferentes. 
Neste pequeno video podedes velos.

 

Polo Nadal tiñamos conseguidos tantos tapóns que enchimos nós sós máis de tres sacos de area para contribuir coa

 CAMPAÑA DE ALBA A PROMESA