A EDUCACIÓN, motor do dereito á saúde.
Por certo, quen lembra a cadeira vermella?
Nós si. É aquela que nos lembra que hai moitos nenos e nenas no mundo aos que se lles nega o seu dereito á educación. Da man da negación dese dereito fundamental vai a negación do recoñecemento do resto de dereitos.
Os nenos e as nenas do CEIP. Os Casais non queremos olvidar isto, por iso, a nosa cadeira anda xa a percorrer o cole.
Nos andamos moi atentos para descubrir onde a temos. Anda de acó para acolá; non perde recuncho onde estar.
Non sabemos se anda a xogar ás agachadas con Micabigotes ou quere despistarnos. Pero non. Iso non é posible. Sempre a atopamos, porque estamos moi atentos de non perdela de vista. Non queremos esquecela; nin a ela nin a tódolos millóns de nenos e nenas que representa.
E, claro está, seguimos a coidar do medio ambiente. Sabemos de sobra que as pilas non se poden tirar de calqueira maneira, por iso, da casa traémolas para o cole para que vaian ao lugar axeitado e non queden contaminando tiradas por aí. Iso sería moi perigoso.

O prestixioso premio Nobel da Paz foi concedido este ano a Malala e Kailash Satyarthi.
O comité do Nobel recoñece a estes activistas, paquistaní a primeira, indio o segundo, pola súa loita en favor da educación infantil.
Kailash Satyarthi, con gran valentía personal, e seguindo a tradición de Gandhi, lidera manifestacións pacíficas para denunciar a explotación infantil e fomenta o desenvolvemento de convencións internacionais en favor dos dereitos dos nenos.
Malala Yousatzay, a pesares dos seus 17 anos, leva loitando, en circunstancias perigosísimas, polo dereito das nenas a recibir educación. É unha mostra de que os nenos e as nenas tamén poden contribuir a mellorar a súa propia situación e hai que darlles voz.