OUTUBRO 2024

 



Xa está en marcha o Proxecto de Igualdade promovido pola ANPA.
Neste cole participamos todos e todas; toda a comunidade educativa colabora nun proxecto común.
Xunt@s, somos quen!



XIII Limpeza Simultánea de Praias
   ADEGA convocou, un ano máis, a XIII Limpeza Simultánea de Praias,  na fin de semana do 25 ao 27 outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Aí estamos sempre nós, coidando a ribeira de Maniños.

COLABORACIÓN. PARTICIPACIÓN.
Quen preparou este precioso cemiterio literario para que nós poidamos gozar cos libros de medo que temos na biblioteca escolar?
A mamá de Ura!
Neste cole participamos tod@s; colaboramos para aprender xuntos; cooperamos para construir un mundo mellor!




 

O Concurso Escolar ONCE é un programa de sensibilización educativa, avalado por 41 edicións, que axuda a fomentar valores como a solidariedade e o pensamento crítico, o papel activo do alumno e o traballo colaborativo, para conseguir igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Xa estamos inscritos! Neste curso 24-25 serán as nenas de 4º as que realizarán o traballo que presentaremos ao concurso.


    



Despois de ter que adialo case un mes, porque a chuvia non nos deixaba ir, por fin conseguimos achegarnos ao río Va e realizar unha xornada de limpeza. Sabemos ben o importante que é para a vida (a nosa, a das outras especies animais, a do planeta enteiro) conservar limpos os ríos, por iso coidamos o noso río.
Estamos moi content@s, porque constatamos que, nestes últimos anos, cada vez é menos o lixo o apañamos.


Como conseguimos nós lograr os nosos obxectivos? Con axuda mutua; aprendendo uns dos outros; traballando en equipo; establecendo alianzas sólidas entre nós...
Así que, demos inicio ás actividades por equipos interniveis.
Vedes que contentos están os padriños e a madriña que saen nesta foto?



   Mica Bigotes pediu axuda para ocuparse da biblioteca e faltou tempo para que boa parte do alumnado de 5º e 6º se apuntara ao voluntariado.
Somos solidari@s!
Con Mica, tamén!



SETEMBRO 2024

 

BENVIDOS TODOS! BENVIDAS TODAS!
INAUGURAMOS ESTE NOVO CURSO 24-25!
IMOS CAMBIAR O MUNDO!
NÓS SOMOS QUEN DE FACELO!
ESTE ANO IMOS POÑER O CORAZÓN EN TODO CANTO FAGAMOS.
COMEZAMOS!



XUÑO 2024

 

Isto remata pero nós seguiremos soñando.

 Soñamos con facelo cada ano un pouco mellor.

Vémonos no curso 24-25!!!

Con tanto chover, pouco faltou para que non fora posible realizar este fermosísimo mural

Traballo cooperativo con Rakele Cavallo. Quedounos chulo,chulo.

Ou non?

Bo traballo como remate deste curso 23-24!




Moito traballamos na nosa hortiña! Leitugas, tomates, xudías... Hai que pensar en ter unha alimentación saudable e na importancia de consumir produtos de proximidade.


EDUCAMOS EN SOSTENIBILIDADE



Por suposto, tamén completamos os Pasaportes Solidarios do Voluntariado Galego. Así é como vemos canto imos facendo, case que sen caer na conta do enorme traballo realizado.

SOMOS SOLIDARI@S


E formamos parte do Voluntariado Miúdo, Móvete, do Plan Proxecta.







MAIO 2024

 

Estando cerca uns dos outros, tendendo a man, practicando a escoita activa, axudando, traballando en equipo, fomentando o bo trato e a convivencia pacífica... construímos o mundo que queremos.

Todo isto é no que pensaron os compañeiros e compañeiras de 2º cando nos agasallaron co seu fantástico BANCO DAS APERTAS.

Que agasallo tan fermoso fannos as familias. Se contamos con tan marabilloso cuarteto de música tradicional para a nosa foliadiña do bosque é grazas a estas altruístas voluntarias.
Mamás e antigas alumnas! Un luxo.
Moitas grazas, Andrea, por vir.
MOITAS APERTAS!!!



As voluntarias da biblioteca son tan solidarias que quixeron compartir con todos nós a súa representación de Sopa verde.
Grazas, rapazas! Gustounos moito.


Os profes seguen contando...
E as mamás, tamén!







ABRIL 2024

 

Estar conectados coa Terra é fonte de saúde.

Coa Terra e co mar! Comercio de proximidade, alimentación saudable, coidar as nosas rías... Todo iso no proxecto do 2ºCiclo.



SAME 2024
Un ano máis, participamos na SAME, a Campaña Mundial pola Educación.


O xoves, 25 de abril, a coordinadora da biblioteca, asistiu a unha xornada de formación sobre os ODS.


O día 24 de abril, para conmemorar o Día do Libro, as nenas voluntarias de biblioteca, achegáronse á Residencia de Maiores (Compartindomomentos) para realizar unha lectura dramatizada do conto Sopa verde.


Somos rural
O noso proxecto está xa rematado e enviado para participar no concurso das ANPAS GALEGAS.
É este un proxecto realizado en comunidade, colaborando, traballando en equipo..., seguindo a iniciativa das familias, participando, abrindo o centro ao noso entorno próximo..., fornecendo o espírito de grupo que xenera alianzas... porque...
Somos quen

As profes seguen co seu voluntariado.

E as mamás tamen!





MARZO 2024

 

Estas si que son mulleres solidarias!

 As Lavandeiras de Sillobre viñeron á nosa festa do fin do proxecto Somos Rural para aprendernos canto saben sobre o esforzado traballo das mulleres ao longo do tempo.


Marzo: a primavera, a poesía, a igualdade, a Terra, as árbores, a auga... MARZO!

8-M

Este 8-M traballamos sobre o pasado, o presente e o futuro do traballo das mulleres.

Celebramos o Día da Poesía, da Terra, da Árbore... prestando unha atención especial á Paz, que tanta falta fai.
STOP conflicto de Gaza = Oliveiras pola PAZ.


Recibimos un diploma de SOLIDARIEDADE. 
Fainos moita ilusión!
Sé ti o cambio que queres ver no mundo.


Tamén celebramos o Día da Muller e a Nena na ciencia. Mica sempre pensa na
IGUALDADE.



Calcetíns desaparellados pola INCLUSIÓN!



A importancia de comer peixe para a saúde.
Estas mamás voluntarias son o más.