SETEMBRO 2024
XUÑO 2024
Isto remata pero nós seguiremos soñando.
Soñamos con facelo cada ano un pouco mellor.
Vémonos no curso 24-25!!!
Con tanto chover, pouco faltou para que non fora posible realizar este fermosísimo mural
Traballo cooperativo con Rakele Cavallo. Quedounos chulo,chulo.
Ou non?
Bo traballo como remate deste curso 23-24!
Por suposto, tamén completamos os Pasaportes Solidarios do Voluntariado Galego. Así é como vemos canto imos facendo, case que sen caer na conta do enorme traballo realizado.
SOMOS SOLIDARI@S
MAIO 2024
Estando cerca uns dos outros, tendendo a man, practicando a escoita activa, axudando, traballando en equipo, fomentando o bo trato e a convivencia pacífica... construímos o mundo que queremos.
Todo isto é no que pensaron os compañeiros e compañeiras de 2º cando nos agasallaron co seu fantástico BANCO DAS APERTAS.
ABRIL 2024
Estar conectados coa Terra é fonte de saúde.
Coa Terra e co mar! Comercio de proximidade, alimentación saudable, coidar as nosas rías... Todo iso no proxecto do 2ºCiclo.
MARZO 2024
Estas si que son mulleres solidarias!
As Lavandeiras de Sillobre viñeron á nosa festa do fin do proxecto Somos Rural para aprendernos canto saben sobre o esforzado traballo das mulleres ao longo do tempo.
8-M


















































