FEBREIRO 2017


Xa están chegando dende a Antártida os pingüíns que apadriñamos este curso.

    Somos un cole ben preocupado polo medio natural e pensamos que xestos coma este axúdanos a facer conciencia da importancia de respectar a biodiversidade.

XANEIRO 2017


33 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Tal como vimos facendo dende hai varios anos, participamos no concurso da ONCE, que se ocupa de ensinarnos a importancia da diversidade e da inclusión.
O tema deste ano era o acoso escolar.
Aquí tedes o traballo que presentamos.
A ver si hai sorte!
 


@s gatiñ@s de Mica iniciaron na última semana de xaneiro a súa participación na actividade interactiva internacional Conectandomundos. Están moi content@s e esperan aprender tanto como en anteriores edicións e tamén divertirse e coñecer nenos e nenas doutros lugares.
O luns, 23 de xaneiro, recibimos no cole a Abel, que veu impartir uns obradoiros sobre a Campaña Mundial pola Educación, na que participamos dende o ano 2010.




Queredes refrescar a memoria? Si?
Pois aquí tedes videos e fotografías de cursos pasados que recollen a nosa participación.














   






 Cada día falta menos para o día 30, data na que celebramos o día escolar da non violencia e a paz.
Nós xa temos todo preparado.
 

 A Base Antártica Española "Gabriel de Castilla" inicia a campaña 2017 do apadriñamento de pingüíns. Non perderemos a ocasión de aumentar o noso grupo de pingüíns con novas incorporacións. Por algo somos coidadores do medioambiente e estamos comprometidos coa biodiversidade e a sustentabilidade do planeta.

DECEMBRO 2016



 As nenas e os nenos de Os Casais, con todas as nenas e nenos do mundo súmanse aos desexos de paz e felicidade para o mundo enteiro.
       


 Como en anos anteriores, sumámonos á proposta de Entreculturas para lembrar que tamén no Nadal, ou máis especialmente no Nadal, temos que mirar máis aló de nós mesmos e ver a realidade do mundo.
 Propuxémonos facer medrar a paz, o amor, a amizade, o respecto e a cooperación.
Poderíamos facer unha lista máis longa, e engadir xustiza, acollida, sustentabilidade... Hai tantas cousas que facer medrar!
O que temos claro é que  
A EDUCACIÓN FAI MEDRAR O MUNDO




Como somos solidari@s non quixemos perder a ocasión de selo tamén cos nosos queridos libros e, por iso, cada un de nós "adoptou" un polo Nadal.
 
 VOLUNTARI@S DE BIBLIOTECA
Somos xente solidaria!
Cando lle propuxemos ao alumnado de 5º e 6º se querían colaborar coa biblioteca, todo o mundo dixo que si, a pesares de ter que perder o seu tempo de lecer dos luns.

 

NOVEMBRO 2016

25 de Novembro
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este curso decidimos deixar constancia da nosa repulsa da violencia de xénero no muro do noso cole.


20-N  DEREITOS DA INFANCIA 

O luns, día 21, fixemos un acto na entrada do cole para lembrar que todas as nenas e os nenos teñen os mesmos dereitos, e hai que respetalos.
Este curso centrámonos no dereito a vivir nun medioambiente saudábel.
Desgraciadamente son moitas as persoas que, dende a infancia vense obrigadas a vivir entre o lixo, rodeadas de augas contaminadas ou polución.
Estas condicións de vida non son boas para a saúde,
e menos para os anos da infancia.
Por iso, nós, tod@s xunt@s, fixemos
este mural cooperativo.


EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA
Para apoiar o traballo nas aulas sobre os Dereitos da Infancia (20 de novembro) e os Dereitos Humanos (10 de decembro) fixemos una exposición na biblioteca cunha selección de libros que abordan esta temática.

COCINA ECONÓMICA
Recibimos unha carta de agradecimento pola donación do recaudado no noso pequeno mercado de libros solidarios.
Sentímonos moi content@s e agradecid@s.

 RECICLAXE
 Isto é algo do que non nos esquecemos no día a día. Reciclamos, reciclamos e reciclamos; porque defendemos as 3 R: reducir, reciclar, reutilizar.

PASAPORTES SOLIDARIOS 2016-17


Recibimos os Pasaportes Solidarios para este curso.
Agora toca ir enchendo pouco a pouco,
pero canto levamos xa feito, verdade?

A nosa Mica, tan solidaria ela, está encantada coa resposta que tivo o noso Mercado de Libros.
Conseguimos 100€!!!
As nenas e nenos de 5º e 6º estamos tamén moi content@s de poder aportar, co noso traballo desinteresado, un gran de area a esta causa. E moi orgullos@s da colaboración das nosas familias.
Somos solidari@s!!!
 


 

OUTUBRO 2016



Acabamos o mes axudando á nosa Mica Solidaria.
Cando estamos de festa é cando máis debemos acordarnos daquelas persoas que teñen necesidades e pode que non poidan divertirse coma nós.
Así que, Micabigotes propúxonos celebrar un Mercadiño Solidario de Libros en favor da Cocina Económica.
Aí estivemos as nenas e nenos de 5º e 6º poñendo o noso esforzo para que todo saíse ben, coa ilusión de recaudar uns cartiños cos que poder axudar.
 
  S.O.S. ÁFRICA
Teremos que rebuscar nos nosos armarios. Hai moi pouco tempo que lles demos un repaso para atopar esas prendas ás que non lles damos uso.
Seguro que algo mais haberá para poder doar!



 MULLERES COLLEITEIRAS
Dende finais do curso pasado colaboramos na recollida de aceite usado co proxecto "Mulleres Colleiteiras".
Viñeron dar unha charla informativa na reunión de presentención do curso coas familias.
Agora acabamos de recibir uns prácticos funís para incorporar ás botellas nas que recollemos o aceite das nosas cociñas.



O proxecto "Mulleres Colleiteiras" ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso.



As premisas do proxecto son 3:

1.  Promover a inserción sociolaboral, o empoderamento e a autonomía de mulleres en situación de exclusión social.



2. Constituír unha alternativa de autoemprego rentable e sostible para as mulleres traballadoras



3. Promover unha proposta de recollida de aceite, local e de baixo custe, e de aproveitamento e reutilización dun recurso.




Desta forma, a pertinencia da iniciativa céntrase no triple beneficio:



-económico e social: creación de postos de traballo para a integración e inclusión das mulleres "en situación" de exclusión social mediante a achega dun traballo que xera un beneficio económico e un servizo á cidadanía.

-ambiental: aproveitando un recurso moi enerxético e evitando  o problema de vertidos, mediante un proceso local na totalidade do ciclo de xestión, utilizando man de obra desempregada dende a súa recollida ata a súa transformación e utilización en equipamentos locais, evitando os custos económicos e enerxéticos do transporte. 
 


Que podiamos facer nós con todas estas unidades didácticas que nos enviaron a finais do curso pasado? Pero si son para Secundaria e Bacherelato!
Así que decidimos doalas.
Mandámolas ao CPI Virxe da Cela, de Monfero. Aí poderán darlle un bo uso. Sabede que é este un centro de referencia en Galicia no traballo de educación en valores, educación para o desenvolvemento e solidariedade.
Se queredes coñecelo un pouco mellor, podedes consultar o seu blogue.
 http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/


GLORR HUMANITARIA
A Campaña de Recollida de roupa e calzado usados de GLORR HUMANITARIA é sempre a primeira que facemos. Xa a temos aquí.
Tod@s a colaborar!


Cómo non repetir cos nosos Pasaportes Solidarios!
Acabamos de facer a inscrición no programa. Só queda que nolos manden e... empezar! 


Un novo curso para ter moi presente a nosa cadeira vermella.
           

É onde nacemos e medramos, a que nos da todos os recursos que precisamos para a nosa existencia.
Por iso, este ano La silla roja quere representar cómo unha educación transformadora e de calidade é fundamental para construir un mundo de igualdade e respecto pola Natureza.

XUÑO 2016

A escola é un refuxio que nos protexe. A nós e a tod@s @s nen@s do mundo. Ou así debería ser. Por iso nós reivindicamos a defensa do dereito á educación.
Vedes que orgullos@s posan cos seus merecidos diplomas?
Si. É o recoñecemento ao traballo realizado durante todo o longo curso escolar.
Parabéns!
 
Acabamos de recibir os merecidos diplomas por todo o traballo que realizamos durante o presente curso.
So queda que cadaquén recolla o seu; pero para iso ten que chegar o último día. Que pouco queda xa!

MAIO 2016

E, dende o presente mes, non so recollemos roupa e tapóns, senón tamén aceite de cociña usado.
É moi importante reciclar!
Coidemos o mundo!

Esta é a  última remesa de tapóns que temos preparada para enviar. Son un bo lote! 



Unha exhibición solidaria da Guardia Civil puxo a 80 axentes especializados en diferentes tareas ao servicio de 2000 escolares da comarca de Ferrolterra.
Aí estivemos nós, coas nosas donacións de alimentos e material escolar.
Foi un día fantástico.

ABRIL 2016


Na última semana do mes fixemos a celebración da SAME.
Somos cidadáns do mundo e reivindicamos o respecto polo dereito á educación de todos os nenos e nenas do mundo; empezando por nós mesmos.





Neste curso ratificamos o noso compromiso coa terra e co coidado do medioambiente apadriñando pingüíns.

Recibimos cadanseu diploma chegado da Antártida co nome elixido para o noso pingüín.



No mes de abril chega a Campaña de Acción Mundial pola Educación, que este ano celébrase na semana do 25 ao 30 de abril e quere chamar a atención sobre o papel de protección que a educación exerce sobre todas as persoas do mundo e a necesidade de que os Estados destinen os recursos necesarios para a súa financiación.
Este é o video promocional.