MARZO 2016


 Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras decidiu saír ás rúas de Nova Yorke a protestar polas miserentas condicións nas que traballaban.
 A partires desa data foron moitos os movementos que reivindicaron a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral e un tempo para amamantar aos fillos.
  En 1908, durante unha folga, morreron máis dun cento de mulleres, porque o dono da fábrica prendeulle lume con elas dentro.
   En 1910, o día 8 de marzo, foi declarado, en Copenhague (Dinamarca), Día Internacional da Muller Traballadora.
   Na actualidade, celebrámolo como o Día Internacional da Muller.
 
   Na Biblioteca seleccionamos textos con protagonistas femininas e fixemos unha exposicióndurante todo o mes.


   E, como todos os anos participamos no maratón de lectura que organiza o Concello Fene lendo mulleres.
    
O venres, 4 de marzo, contamos coa visita de Cristóbal, que veu falarnos sobre o Pasaporte Solidario.
  
   O alumnado dos últimos cursos, como vimos facendo dende anos atrás, realizan a actividade Mulleres para lembrar. Este ano, empezaron por Paula Carballeira, a madriña da nosa Biblioteca Escolar.
                        


      E continuaron coa ilustradora Alicia Suárez Otero.

    

  Para rematar con Elena Gallego Abad, a autora do interesante proxecto Dragal, que tanto éxito colleita nos institutos galegos.


Coa información recollida sobre estas tres mulleres para lembrar, fixemos un mural.
  

   Igual que vimos facendo nestes últimos anos, o alumnado de 3º e 4º participou na última edición do Conectandomundos, de Oxfam-Intermón. Nesta ocasión a temática a tratar foi a igualdade de xénero.
 Como produto final fixeron este pequeno video con marionetas:
  

FEBREIRO 2016


   Un ano máis contamos cos obradoiros da nosa amiga Paula.
Paula é técnica de educación de EDUCO, unha ONG global de cooperación para o desenvolvemento que actúa a favor da infancia e na defensa dos seus dereitos, de maneira especial o dereito a recibir unha educación de calidade.
Traballan con nenos e nenas no seu entorno para promover sociedades máis xustas e equitativas que garantan os seus dereitos e o seu benestar.
Nós aprendemos con ela que, ainda que somos nenos e nenas, somos quen de construir un mundo onde todos disfrutemos plenamente dunha vida digna.
Depende de nós.


 

O día 15 de febreiro foi inaugurado no CEIP. Virxe da Cela de Monfero o proxecto piloto do programa "Móvete", que pretende ser un instrumento para a formación integral dos nenos e das nenas da Educación Primaria a través de valores asociados á solidariedade e o voluntariado, dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación.
A canción e o video "Móvete" de Paco Nogueiras é a base dos obradoiros que se van realizar. 

  
  Temos unhas ganas de poder participar...!!!

Nós seguimos cos nosos pasos pequenos e montamos na biblioteca unha exposición de libros que tratan sobre a solidariedade.

O Proxecto da Biblio deste ano levounos a investigar sobre a nosa contorna máis próxima, a coñecer o noso Concello, os seus lugares de interese e as súas xentes. Pero nós non queremos perder de vista que Fene ocupa un lugar no mundo, importante porque é o lugar que ocupamos nós, mais un pequeno lugar que é valioso porque forma un conxunto que fai ao mundo valioso e importante.
E, por iso, no Entroido viaxamos polo mundo, achegándonos a outras xentes, outros países e outras culturas.
Esta foi a bandeira do Proxecto Somos quen:
http://picasion.com/

XANEIRO 2016


No mes de xaneiro imos ter moi presente que as mans que defenden os dereitos (as nosas mans) constrúen PAZ.

Eu teño alguén no meu corazón...
Eu teño alguén no meu corazón e ti tes alguén no teu corazón. Todos temos a alguén no noso corazón. E todos e todas queremos que alguén nos teña no seu corazón.
Porque cando alguén nos ten no seu corazón é quen de extender os brazos para axudarnos se o precisamos, para levantarnos se caemos, para darnos unha aperta se a precisamos.
Porque cando teño a alguén no meu corazón, tamén eu sinto a necesidade de axudar, de erguer, de abrazar, sen que mo teñan que pedir.
E, anque pareza pequeno, o meu corazón, o teu corazón, ten espazo, moito espazo, para ter a moitos e moitas "alguéns".
Desa capacidade do noso corazón nace a PAZ, unha paz pequeniña e fráxil. Pero cando xuntamos a túa pequeniña paz coa miña, coa dos amigos e amigas, coa das nosas familias, coa dos veciños e veciñas, coa das persoas que veñen de lonxe, fuxindo da fame, da guerra, do medo, e que traen candansúa paz pequeniña medrando ao rente dese alguén que teñen no seu corazón, entón transfórmase nunha paz grande, enorme, inmensa e poderosa. Co poder que lles da os nosos corazóns.
Eses corazóns que todas e todos temos habitados por alguén.
Queremos seguir tendo a alguén nos nosos corazóns, porque queremos para todos un
 MUNDO DE PAZ.
Nisto queremos poñer o noso empeño  e o noso esforzo, e para lembralo cada día, para que nolo lembredes, asinamos este
COMPROMISO DE PAZ. 

 
E, por se alguén pensa que con asinar non é bastante,... deixamos tamén as nosas fotos
para reafirmar o noso  
COMPROMISO.
  
  Como en anos anteriores, neste curso
tamén participamos no Concurso escolar da ONCE. Só puidemos presentar dous carteis, pero fixemos moitos diferentes. 
Neste pequeno video podedes velos.

 

Polo Nadal tiñamos conseguidos tantos tapóns que enchimos nós sós máis de tres sacos de area para contribuir coa

 CAMPAÑA DE ALBA A PROMESA



DECEMBRO 2015

As nenas e os nenos de Os Casais, con todas as nenas e nenos do mundo súmanse aos desexos de paz e felicidade para o mundo enteiro.









Continuamos recollendo roupa...

NOVEMBRO 2015


Oxalá chegue o día no que non sexa necesario reivindicar nada nesta data.


Foi un gran día! Agora somos un pouquiño máis conscientes de que o mundo é cómo as persoas facemos que sexa e que só entre tod@s poderemolo mellorar.


Non hai palabras que decir. Silencio. E pensar.





Achégase o 20 de Novembro e temos que ir preparando a actividade que faremos cooperativamente para resaltar a importancia desa data.
O mundo está nas nosas mans.

 

Acabamos de recibir os Pasaportes Solidarios para este curso. 

OUTUBRO 2015

  
Antes de rematar este mes embarcamos noutra recollida de roupa. Nesta ocasión é GLORR Fundación a que pide a nosa colaboración. E, a pesares de estar tan próxima no tempo coa anterior campaña, tamén nesta ocasión estamos sendos solidari@s.


   As iniciativas de  GLORR Fundación están destinadas a disminuir a probreza e potenciar a educación dos nosos menores, os máis vulnerables en tempos de crise.
   As súas axudas son canalizadas a través dos propios centros educativos, das AMPA e os Servicios Sociais.

A Cadeira Vermella contou este curso cuns trasniños que andaron a cambiala de sitio para que todo o mundo se fixase nela.
Hai alguén no cole que non saiba agora que temos unha cadeira que nos fai lembrar a esas nenas e eses nenos que non van á escola?



 Enseguida comezaron a chegar as bolsas...

Recén iniciado o mes, temos unha recollida de roupa e calzado usado da Campaña Solidaria Mariola.
Trátase dunha empresa comprometida cun proxecto da Fundación Vicente Ferrer que proporciona acceso á educación a nenas e nenos con parálise cerebral, no distrito de Anantapur, na India.



Temos xa o video promocional da Campaña da Cadeira Vermella para este curso
 2015-2016. 




XUÑO 2015




Lembrades como comezamos este curso? Si?
Pois rematamos pechando o círculo: recoñecendo todo o traballo que fixemos.
Parabens a tod@s!
Somos solidari@s!


Un dos nosos murais sobre os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, en concreto aquel que representaba a igualdade entre homes e mulleres e que fixeron Paula e Brais, foi elixido polo CPI. Conde de Fenosa de Ares para ser incluido na súa revista escolar.
Será que lles gustou, non?



MAIO 2015


Xa enviamos por correo os nosos muraliños dos ODM para participar no II Certame de MailArt que organiza o CPI. Conde de Fenosa de Ares.
Gústanvos?




 


 De novo estamos recollendo roupa usada, desta vez para a Asociación Martes de Villena.




O xoves, 7 de maio, estivo en A Coruña Kailash Satyarti, Premio Nobel da Paz 2014 e lider da loita mundial contra o traballo infantil.

  
 Satyarthi é o fundador da marcha Let Us March que promove o dereito de todos os nenos e nenas do mundo a recibir educación gratuita, a non padecer explotación económica e a non realizar traballos perxudiciais para o seu correcto desenvovemento físico, mental, espiritual, moral e social.
Falou de cousas moi interesantes. Nós queremos quedarnos con unha das frases que dirixiu á xente nova:

"Vós sodes o motor do cambio"

ABRIL 2015


 Debemos coidar o medio ambiente, por nós, polo planeta, pola biodiversidade... Sin embargo son moitas as agresións ás que o sometemos. E hai territorios especialmente vulnerables: as illas.




A finais deste mes tamén recollimos culleres para dotar un comedor escolar co que os Amigos de Ositeti están a axudar ao pobo masai.






Coa axuda das rapazas universitarias que nos acompañaron na clase durante este mes organizamos un Mercado Matemático.
Os cartos e os alimentos que recollimos donámolos ao Banco de Alimentos de Ferrol.


 






E abril é tamén o mes no que se celebra a Semana de Acción Mundial pola Educación.
O lema deste ano foi:
Nós votamos pola educación, e ti?
Así que, fixemos unha votación en urna e si, todo o CEIP. Os Casais votou a favor da Educación.

 
Os nenos e as nenas de 5º e 6º preparamos unha exposición fotográfica no Salón de Actos.



Tamén fixemos un gran mural na entrada.



SAME - 2015





E, claro, neste mes tamén tivemos presente a nosa Cadeira Vermella.