MARZO 2015

                                            

   O mes de Marzo é o mes no que nos dedicamos a  igualdade das mulleres.
   Os dereitos son para todo o mundo en igualdade, pero hai persoas que non pensan o mesmo. Hai que traballar para que deixen de facelo.
   Este mes vai dedicado as mulleres, xa que hai países que non fan nada para que as mulleres teñan os mesmos dereitos ca os homes.


Estas son as catro mulleres coas que traballamos en 5º e 6º con motivo da tan sinalada data do 8 de marzo. Pertecen a diferentes ámbitos, pero todas elas, dun ou doutro xeito, están relacionadas co mar. E todas elas son "Mulleres para lembrar". Por iso, foron incorporadas ao nosos dossier e máis dedicámoslles o noso mural.



   Estabamos desexando que volvese Paula, a técnica de Educo, a facer eses obradoiros que tanto nos gustan. Este ano fíxose esperar pero, finalmente, o día 24 deste mes, veu por primeira vez.
Acaba de ser e xa temos ganas de que volva!
 
Este ano foron os de 3º e 4º os que participaron no Conectandomundos. Formaron un equipo ao que lle chamaron @s Pacífic@s e xogaron xunto con outros equipos de moi diferentes lugares. No seu grupo había colexios de Italia e Portugal.

Axudaron a Telémaco, Penélope e Ulises a recuperar a xustiza, a dignidade e a colaboración.
E, despois de conseguir este importante obxectivo co seu traballo na Rede, elaboraron un mural como resumo da actividade.



  Un ano máis os nen@s de 5º e 6º participamos no concurso da ONCE. O lema deste ano foi: " persoas que pensan en persoas" e fixemos unha portada de periódico sobre a economía social. Agora so queda esperar e cruzar os dedos!!!

Este foi o traballo que presentamos: unha páxina de periódico con noticias sobre a economía social.


   
Tal e como vimos facendo dende hai anos, participamos no Fene, lendo mulleres. Fumos todos os nenos e nenas de Primaria.


   Debemos tomar conciencia de que a igualdade non se está a dar. Tod@s temos que poñer da nosa parte para que as cousas muden.

   A piques de dar comenzo o mes de marzo o Concello organizou unhas xornadas sobre a violencia de xènero, nas que participamos os rapaces e rapazas de Primaria. È esta unha  lacra terrible que hai que erradicar. Xa!

FEBREIRO 2015


O día 12 deste mes recordamos aos pobres nenos soldados. Mentres nos disfrutamos do Entroido (como ten que ser) , moitos nenos e nenas combaten en guerras.
 Decimos NON¡ ben forte a esta situación.
                            

Como tódolos los anos continuamos traballando sobre os Obxetivos do Desenvolvemento do Milenio. Este ano, 2015 de maneira especial, porque era a data marcada para telos acadados.
Fixemos un pequeno video.



 O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Aquí podedes ver un video dunha das actividades que fixemos sobre a paz.

XANEIRO 2015



Como este ano estamos embarcados nun gran proxecto sobre o mar, o lema que escollimos para celebrar o Día da Paz foi "Avante toda", porque hai que navegar a toda máquina, a toda vela, cara a consecución da paz.
E fixemos diferentes actividades. Gústounos moito o xogo das estrelas  do ximnasio. Foi divertido, interesante e pasámolo mi ben sendo unha tripulación e compartindo apertas.


   Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria comenzaron a actividade Conectandomundos, na que aprenderán cómo facer para que o mundo non sexa tan inxusto.



O mercadiño de Nadal foi todo un éxito. Estamos moi content@s de atopar tanta colaboración nas familias.
Somos solidari@s!
Somos quen de cambiar o mundo.


DECEMBRO 2014



   

        Para o último día de clase deste ano, Micabigotes, a nosa gata bibliotecaria, ten preparado un merdadiño de libros solidarios.
         Esperamos xuntar moitos cartos!!!   
 Van ser para a cociña Economica.





O día 10 de decembro lembramos os Dereitos Humanos. Este ano, como era o seu 50 aniversario, fixemos actividades sobre Mafalda. 

                          

NOVEMBRO 2014

  O mes de novembro témolo dedicado da maneira  especial aos Dereitos da Infancia, isto é, a traballar sobre os dereitos das nenas, dos nenos e dos adolescentes.

 Temos outra campaña entre mans. Achégase o Nadal e é importante pensar en naqueles nenos e nenas aos que se lles perden as cartas de Reis polo camiño.

 
O 25 deste mes lembramos a gran lacra da de xénero. Queremos compartir este fermoso lipdub que fixeron os nosos veciños do IES de Mugardos.



Como se achega a data de celebrar o Día dos Dereitos dos Nenos a das Nenas temos preparado un gran mural sobre o que imos realizar a nosa actividade.

Estes nenos (neno e nena, nena e neno) ímolos encher de dereitos.

  Pero non é o único que facemos. Continuamos na nosa pequena labor solidaria, axudando  no que podemos. E, de novo, pidennos roupa. Fai moi pouco tempo que tivemos outra  recollida, máis... non importa!!! Algo atoparemos. Seguro. Somos quen de conseguilo.



Tamén recibimos os Pasaportes Solidarios para este curso 2014 - 2015. Están xa preparadiños para repartir polas aulas.



OUTUBRO 2014

A EDUCACIÓN, motor do dereito á saúde.

Por certo, quen lembra a cadeira vermella?



   Nós si. É aquela que nos lembra que hai moitos nenos e nenas no mundo aos que se lles nega o seu dereito á educación. Da man da negación dese dereito fundamental vai a negación do recoñecemento do resto de dereitos. 
   Os nenos e as nenas do CEIP. Os Casais non queremos olvidar isto, por iso, a nosa cadeira anda xa a percorrer o cole.
   Nos andamos moi atentos para descubrir onde a temos. Anda de acó para acolá; non perde recuncho onde estar.
   Non sabemos se anda a xogar ás agachadas con Micabigotes ou quere despistarnos. Pero non. Iso non é posible. Sempre a atopamos, porque estamos moi atentos de non perdela de vista. Non queremos esquecela; nin a ela nin a tódolos millóns de nenos e nenas que  representa.
   

O prestixioso premio Nobel da Paz foi concedido este ano a Malala e Kailash Satyarthi.


   O comité do Nobel recoñece a estes activistas, paquistaní a primeira, indio o segundo, pola súa loita en favor da educación infantil.   Kailash Satyarthi, con gran valentía personal, e seguindo  a tradición de Gandhi, lidera manifestacións pacíficas  para denunciar  a explotación infantil  e fomenta  o desenvolvemento de convencións internacionais  en favor dos dereitos dos nenos.
   Malala Yousatzay, a pesares dos seus 17 anos, leva loitando, en circunstancias perigosísimas, polo dereito  das nenas a recibir educación. É unha mostra de que os nenos  e  as nenas tamén poden  contribuir  a mellorar a súa  propia situación e hai que darlles voz.


   E, claro está, seguimos a coidar do medio ambiente. Sabemos  de sobra que as pilas non se poden tirar de  calqueira maneira, por iso, da casa traémolas para o cole para que vaian ao lugar axeitado e non queden contaminando tiradas  por aí. Iso sería moi perigoso.

SETEMBRO 2014




 Neste curso 2014-2015 imos traballar sobre a importancia da educación na vida das persoas, dado o seu papel fundamental á hora de acadar outros dereitos.
A educación é un dereito transformador.
A nós estanos trasformando.


h

 Non pensamos só en nós, senón tamén no resto dos nenos e das nenas, mesmo sen coñecelos de nada. Así que, aí estamos axudando a "Alba,la promesa" e a Alex.
Xa mandamos a nosa primeira remesa de tapóns.Temos moitos máis, que iremos levando pouco a pouco. E, de seguro, xuntaremos montes e moreas deles coma no curso pasado.


Tamén empezamos a recoller roupa. Mirade cantas bolsas temos xa, acabado de poñer o aviso.


No curso pasado, unha vez máis, participamos na Semana Mundial pola Educación. E aquí os ensinamos o noso diploma.


O primeiro día de clase levamos unha boa sorpresa! Recibimos o
recoñocemento por todo o traballo que fixemos o curso pasado, do
que deixamos constancia nos nosos Pasaportes Solidarios.


 
Aquí estamos un ano máis dispostos a facer moitas máis cousas solidarias.


MAIO 2014

   O ano 2013 foi declarado Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga. Por iso neste curso traballamos esta temática, cun material elaborado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e Aqualogy, co obxectivo de reflexionar e concienciarmonos sobre o papel que ten a sociedade (ou sexa, que temos todas as persoas) para mellorar a calidade e o acceso á auga.
   Todo aquelo que investigamos e máis as nosas conclusións quedaron plasmadas nun gran mural cooperativo que colocamos no corredor.

 
   Damos por pechados os nosos Pasaportes Solidarios. Moi probablemente, ainda faremos algunha cousiña máis de aquí a que remate o curso, porque nós non paramos! Pero, claro, como hai que mandalos á Xunta, non se pode agardar ao último día.




  De novo petan na porta pedindo a nosa colaboración. Desta vez é Protección Civil quen organiza unha campaña de recollida de alimentos para o banco de Cáritas.

    Coma sempre, aí estamos nós e as nosas familias que, solidarias, prestan a súa axuda e colaboración dende o primeiro día.


 Nestes momentos o noso cartel vai camiño de Madrid para competir na fase nacional. Aquí podedes ver o ben empaquetadiño que está para que chegue en perfectas condicións. 
Gañaremos?
Non é fácil, pero nós mantemos a ilusión.


E, por se a sorpresa fora pequena, levamos outra.


No mes de maio recibimos unha boa sorpresa!



Por segundo ano consecutivo o noso cole foi o gañador provincial do Concurso Escolar ONCE na nosa categoría.