FEBREIRO 2025

 


Acompañar aos pequerrechos na súa aprendizaxe da lectura é unha boa forma de cambiar o mundo. Enriquécenos a tod@s, facemos traballo en equipo, gozamos xunt@s, vivimos en comunidade... Todo positivo.
 Tamén este ano participamos no concurso escolar da ONCE, que fomenta a INCLUSIÓN.



 Este é o escudo que deseñaron en 4º para o concurso.


  Formamos parte do programa Lectura e Familias das Bibliotecas Escolares de Galicia. Temos a sorte de contar con un gran número da familias que veñen ler.
Son familias solidarias!

Para celebrar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, acompañounos Gema Acea Otero, antiga alumna de Os Casais. Gema é inxeñeira aeroespacial. Canto gustou todo o que presentou!
É unha muller solidaria, disposta a compartir o seu tempo e coñecemento con nós de forma altruísta.


 Solidarias son tamén as nosas profes, que cambian o seu tempo de lecer pola ocupación de compartir lecturas con nós.
Neste centro tomamos as decisións de forma democrática, opinando tod@s e votando. Realizamos asambleas e votación en urna. Cada persoa, un voto.




XANEIRO 2025

 



PAZ
      Outra xornada reivindicativa que nos gustaría non ter que celebrar. Esperamos o día no que a paz sexa unha realidade e non so un desexo compartido.
   Nós traballamos de forma colaborativa, cos nosos equipos interniveis, axudándonos, cooperando, solidarizándonos con todos os membros do grupo. Gústanos moito aprender así.

 

Fomentar nos compañeir@s o gusto pola lectura é contribuír á súa educación e tamén á nosa; tamén é establecer unha alianza entre maiores e peques; se o libro é Maruxa, reforzamos a igualdade de xénero.
Encántanos ser contacontos!



A educación é a maior forza transformadora.
Nós, dende o primeiro día, celebramos o Día Internacional da Educación.
A nosa cadeira vermella lémbranos todo o ano o importante que é reivindicar o respecto do dereito á educación que temos todas as persoas.



Sabemos da importancia de coidar a nosa ría. Curso tras curso sumámonos a xornada de limpeza simultánea de praias que organiza ADEGA. Pero sempre é necesario aprender e saber máis para valorar a riqueza dos mares, fomentar a súa explotación responsable e profundar na importancia da súa conservación.


Mellorar a convivencia é mellorar o mundo.
Hai que pensar globalmente, pero actuar localmente.




DECEMBRO 2024

 


Antes das vacacións, un pequeno grupo de alumnos, foi ata a Residencia de Maiores de Laraxe. Xunto con algunhas persoas residentes, pintamos un fermoso mural navideño que pasou a formar parte da súa preciosa decoración.
Foi unha xornada moi especial.
Grazas por acollernos!


Tamén somos solidar@s cos libros de Mica Bigotes. Non queremos que acaben nun contenedor de lixo e, por iso, polo Nadal, adoptámolos e acollémolos nas nosas casas.


Coidar ben das mascotas tamén é construír un mundo mellor.





NOVEMBRO 2024

 

SOLIDARIEDADE CON VALENCIA

Imposible permanecer indiferentes. Valencia precisa moita axuda.

Claro que poden contar con nós!

PARTICIPACIÓN. COLABORACIÓN

Gozamos moito cando as familias veñen compartir con nós os seus saberes. No outono, toca sempre micoloxía. Grazas ao papá de Breixo tivemos un obradoiro ben interesante.

25-N

CHALK BACK

 Sobran as palabras. Non vemos o día no que, por fin, esta data quede relegada ao pasado, polo feito de que a súa reivindicación quede totalmente obsoleta por ter desaparecido o grave problema que a motiva. Desgraciadamente, ese soño parece estar aínda lonxe. É necesario seguir, perseverar, insistir e confiar no feito de que a educación é a máis potente forza transformadora.

20-N

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia e a Adolescencia. Dende varios anos atrás, nesta data lembramos que un dos dereitos (non sempre cuberto adecuadamente) que todos os nenos e nenas teñen é o de medrar en familia. Por iso, sumámonos á iniciativa do Día do Pixama, para visibilizar a importancia do acollemento familiar.

   O tempo permitiunos celebrar o Outdoor Classroom Day. Dar as clases fóra e algo que facemos de cando en vez, sen necesidade de que sexa un día especial coma este. Pero este, é o día; e a chuvia, moitas veces, non nos permite saír. Desta vez, houbo sorte!









OUTUBRO 2024

 



Xa está en marcha o Proxecto de Igualdade promovido pola ANPA.
Neste cole participamos todos e todas; toda a comunidade educativa colabora nun proxecto común.
Xunt@s, somos quen!



XIII Limpeza Simultánea de Praias
   ADEGA convocou, un ano máis, a XIII Limpeza Simultánea de Praias,  na fin de semana do 25 ao 27 outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Aí estamos sempre nós, coidando a ribeira de Maniños.

COLABORACIÓN. PARTICIPACIÓN.
Quen preparou este precioso cemiterio literario para que nós poidamos gozar cos libros de medo que temos na biblioteca escolar?
A mamá de Ura!
Neste cole participamos tod@s; colaboramos para aprender xuntos; cooperamos para construir un mundo mellor!




 

O Concurso Escolar ONCE é un programa de sensibilización educativa, avalado por 41 edicións, que axuda a fomentar valores como a solidariedade e o pensamento crítico, o papel activo do alumno e o traballo colaborativo, para conseguir igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Xa estamos inscritos! Neste curso 24-25 serán as nenas de 4º as que realizarán o traballo que presentaremos ao concurso.


    



Despois de ter que adialo case un mes, porque a chuvia non nos deixaba ir, por fin conseguimos achegarnos ao río Va e realizar unha xornada de limpeza. Sabemos ben o importante que é para a vida (a nosa, a das outras especies animais, a do planeta enteiro) conservar limpos os ríos, por iso coidamos o noso río.
Estamos moi content@s, porque constatamos que, nestes últimos anos, cada vez é menos o lixo o apañamos.


Como conseguimos nós lograr os nosos obxectivos? Con axuda mutua; aprendendo uns dos outros; traballando en equipo; establecendo alianzas sólidas entre nós...
Así que, demos inicio ás actividades por equipos interniveis.
Vedes que contentos están os padriños e a madriña que saen nesta foto?



   Mica Bigotes pediu axuda para ocuparse da biblioteca e faltou tempo para que boa parte do alumnado de 5º e 6º se apuntara ao voluntariado.
Somos solidari@s!
Con Mica, tamén!