Fomentar nos compañeir@s o gusto pola lectura é contribuír á súa educación e tamén á nosa; tamén é establecer unha alianza entre maiores e peques; se o libro é Maruxa, reforzamos a igualdade de xénero.
Imposible permanecer indiferentes. Valencia precisa moita axuda.
Claro que poden contar con nós!
PARTICIPACIÓN. COLABORACIÓN
Gozamos moito cando as familias veñen compartir con nós os seus saberes. No outono, toca sempre micoloxía. Grazas ao papá de Breixo tivemos un obradoiro ben interesante.
25-N
CHALK BACK
Sobran as palabras. Non vemos o día no que, por fin, esta data quede relegada ao pasado, polo feito de que a súa reivindicación quede totalmente obsoleta por ter desaparecido o grave problema que a motiva. Desgraciadamente, ese soño parece estar aínda lonxe. É necesario seguir, perseverar, insistir e confiar no feito de que a educación é a máis potente forza transformadora.
20-N
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia e a Adolescencia. Dende varios anos atrás, nesta data lembramos que un dos dereitos (non sempre cuberto adecuadamente) que todos os nenos e nenas teñen é o de medrar en familia. Por iso, sumámonos á iniciativa do Día do Pixama, para visibilizar a importancia do acollemento familiar.
O tempo permitiunos celebrar o Outdoor Classroom Day. Dar as clases fóra e algo que facemos de cando en vez, sen necesidade de que sexa un día especial coma este. Pero este, é o día; e a chuvia, moitas veces, non nos permite saír. Desta vez, houbo sorte!
Isto remata pero nós seguiremos soñando.
Soñamos con facelo cada ano un pouco mellor.
Vémonos no curso 24-25!!!
Con tanto chover, pouco faltou para que non fora posible realizar este fermosísimo mural
Traballo cooperativo con Rakele Cavallo. Quedounos chulo,chulo.
Ou non?
Bo traballo como remate deste curso 23-24!
Por suposto, tamén completamos os Pasaportes Solidarios do Voluntariado Galego. Así é como vemos canto imos facendo, case que sen caer na conta do enorme traballo realizado.
SOMOS SOLIDARI@S
Estando cerca uns dos outros, tendendo a man, practicando a escoita activa, axudando, traballando en equipo, fomentando o bo trato e a convivencia pacífica... construímos o mundo que queremos.
Todo isto é no que pensaron os compañeiros e compañeiras de 2º cando nos agasallaron co seu fantástico BANCO DAS APERTAS.