XANEIRO 2024

 

POR UNHA PAZ DURADEIRA

Cantos avións pola paz fixemos!!!
Foi moi divertido.


E seguimos coas nosas profes voluntarias! Grazas, profe Lorena!


E coas mamás tamén! Grazas, familias!


Un ano máis, da man da Asociación Betula, fumos limpar o noso río, o río de Va.




COMPARTIR. A lectura en familia é unha forma excelente de compartir tempo de calidade.
Encántannos as Mochilas Viaxeiras que Mica Bigotes prepara para nós.

Un ano máis, participamps no Concurso escolar da ONCE. Hai que seguir traballando para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade.


O cambio climático está a provocar catástrofes naturais moi perigosas. Nós vivimos nunha zona de especial risco de inundación.

Empezamos ben o ano 2024:

cunha exposición de libros relacionados cos ODS.

E xa chegaron os Pasaportes Solidarios!


DECEMBRO 2023

 


As nenas e nenos somos a esperanza para o futuro.
Nós somos quen de conseguir un mundo mellor.

Coma sempre, nós pensando en todos e en todo. Tamén adoptamos libros!


O Nadal é tempo de compartir. As nosas voluntarias achegáronse á Residencia de Maiores para compartir un obradoiro de postais cos usuarios.


Somos contacontos
Cando o que le é Martiño, para os peques é unha festa!
Se le Teo, tamén.


Aprendemos democracia tomando as nosas propias decisións.






NOVEMBRO 2023

 


Consumismo? Fóra!
Coidado? Iso sí.
 Nós coidamos sempre uns dos outros.
 Estamos sempre todas para todas.

O S.O.S SILENCIOSO
25-N


De novo, sumámonos á actividade das ANPAS de Ferrolterra.

Empezamos coas formacións do Plan Director.
A boa convivencia depende de todos e todas.
So xunt@s poderemos erradicar o acoso.


20-N
DEREITOS DA INFANCIA
Un curso máis, este foi o noso "día do pixama".



O luns visitáronnos voluntari@s da Asociación ASCM, co seu programa de envellecemento activo. Que ben o pasamos!


Neste cole tod@s somos solidari@s. E participativ@s. E altruístas.
A mamá de Deva, Lara, ofreceunos un obradoiro de elaboración de calmiñ@s.
Gustounos moito. Grazas, Lara.


OUTUBRO 2023

 


A educación é a principal forza transformadora.
Educar é dar oportunidades.
Nós defendemos a educación de calidade para tod@s.

Os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible son os obxectivos que imos perseguir.



O venres, 6 de outubro, limpamos a ribeira de Maniños. A convocatoria foi de ADEGA, coa colaboración da Asociación Etnográfica AETNA.


Xa empezamos os obradoiros de Igualdade da ANPA. Ven Raquel, de AtaliAS.


Que sorte temos! Non so temos as profes como voluntarias de lectura, senón que tamén veñen as mamás. Grazas, familias!


Nós aprendemos a traballar en equipo, sen atender ás diferenzas. A diferenza enriquece, a diversidade aporta.
Aprender uns cos outros, compartir, axudarnos, acompañarnos e coidarnos, gústanos un montón.
GLOBAL HUMANITARIA




Viñeron recoller a nosa primeira aportación deste ano.


VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

Xa temos grupo de voluntariado! Todas nenas! Bravo por elas!!!


Nós tamén contamos!
Quen? As profes!!!


SETEMBRO 2023

 

   Iniciamos un curso novo: 23-24. Como? Participando! Porque nós, os nenos e as nenas somos quen de implicarnos nos retos que a sociedade, o planeta e a humanidade enteira ten no momento actual.



XUÑO 2023

 

DIPLOMA

Xuño é o mes de recibir diplomas. Este recoñece todo canto facemos en favor do medio ambiente, da natureza e o planeta.



Último mes. Nós seguimos!


O día 7 foi a tope. A clase de 2º foi ao Encontro do Voluntariado.

Os outros cursos de Primaria a Exhibición Solidaria da Guardia Civil. Levaron un montón de caixas de alimentos, productos sanitarios e material escolar.


"Nós tamén contamos"
E tamén durante todo o curso as profes foron ler a todas as clases.
Son profes voluntarias!

Familias lectoras
É moita a sorte que temos. Moitas familias están dispostas a vir e ler para nós.


"Somos contacontos"
Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron de contacontos para Infantil todo o ano.


MAIO 2023

 

PILLADO!

Desta vez foi Fran a quen pillaron e nin se decatou, de tan concentrado como estaba. 

RESPOSTA!

Estamos moi content@s, porque o alcalde atendeu a nosa petición da Rúa da Inclusión e mandounos unha carta. Por agora non pode ser, pero gustoulle a nosa idea. Que ben!