MAIO 2023

 

PILLADO!

Desta vez foi Fran a quen pillaron e nin se decatou, de tan concentrado como estaba. 

RESPOSTA!

Estamos moi content@s, porque o alcalde atendeu a nosa petición da Rúa da Inclusión e mandounos unha carta. Por agora non pode ser, pero gustoulle a nosa idea. Que ben!


ABRIL 2023


RÚA DA INCLUSIÓN
Como parte do concurso ONCE solicitamos ao Concello de Fene unha Rúa da Inclusión. Recollimos sinaturas.

 



TRABALLO VOLUNTARIO
Alguén pillou a Alma tan enfrascada no seu traballo que nin se enterou de que lle tiraban unha foto!



MARZO 2023

 

21 MARZO - SÍNDROME DE DOWN

Un ano máis chegou o día dos calcetíns diferentes. Este ano o xesto era outro.

Nós fixemos os dous!

8-M

IGUALDADE


CONTOS SOLIDARIOS
Veu Anxo Moure, que para nós é como da casa, de tanto como o queremos. Que ben o pasamos con el e coas aventuras solidarias que conta.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA

Sempre nos parece que non vai haber, porque fai pouco tempo que realizamos outra campaña. Pero... sempre aparece!!!

As nosas familias son SOLIDARIAS.




FEBREIRO 2023

 

39 CONCURSO ESCOLAR ONCE

Os traballos que fixemos para participar xa están enviados. Teremos sorte?

 

BIBLIOTECA

Aí están as nenas e nenos de 5º e 6º traballando nos recreos dos venres polo ben común. Micabigotes sabe do enorme esforzo que fan  ao quedarse sen xogar no patio, pero o beneficio que aportan aos compañeiros e compañeiras é máis grande todavía.

El@s son enormes!


XANEIRO 2023

 

PAZ

Sempre toca rematar xaneiro coa celebración do Día da Paz. Micabigotes escolleu para nós libros moi interesantes, traballamos con eles, fixemos unha exposición, cantamos, @s maiores prepararon chapas para tod@s, Mica unhas pegatas e reflexionamos sobre o importante que é a diversidade.


24-X

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN






DECEMBRO 2022

 



Adopta un libro!
Somos tan, tan, tan solidari@s que ata pensamos nos nosos queridos libros! 

CONCURSO ONCE

As nenas e nenos maiores xa estamos inscritos para participar no concurso da ONCE. Este ano temos un videoxogo para completar. Vai ser divertido!


NOVEMBRO 2022

 

20-N
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Este curso reivindicamos o dereito á educación, o respecto pola diversidade e a inclusión.
E, ademáis, o acollemento familiar.
Que comodidade ir ao cole en pixama! 

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA
Xa temos formados os grupos de voluntariado de biblioteca.
Agora, a traballar!


Saiu a Resolución que confirma que formamos parte dos programas Móvete e Pasaporte Solidario.
Pronto recibiremos os pasaportes nos que ir anotando as cousiñas que facemos.



OUTUBRO 2022

 


RECICLAXE
Temos todos os contenedores a punto e estamos ensinando aos novos alumnos e alumnas onde teñen que poñer cada cousa: os bolis, as pilas, os tapóns...
E, por suposto, queremos que aprendan axiña que os nosos recreos son de Residuos Cero.

Lembrades a nosa cadeira vermella?
Si, si, esa que defende a educación de calidade para todos e todas.
Pois, moita atención, que vai empezar a circular.
Non a perdades de vista!





Continuamos sendo punto de recollida de Tapóns Solidarios.
Este curso irán para Pontedeume; para Emma.


Ao comezar o curso fixemos a nosa primeira recollida de roupa e calzado.