XANEIRO 2023

 

PAZ

Sempre toca rematar xaneiro coa celebración do Día da Paz. Micabigotes escolleu para nós libros moi interesantes, traballamos con eles, fixemos unha exposición, cantamos, @s maiores prepararon chapas para tod@s, Mica unhas pegatas e reflexionamos sobre o importante que é a diversidade.


24-X

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN






DECEMBRO 2022

 



Adopta un libro!
Somos tan, tan, tan solidari@s que ata pensamos nos nosos queridos libros! 

CONCURSO ONCE

As nenas e nenos maiores xa estamos inscritos para participar no concurso da ONCE. Este ano temos un videoxogo para completar. Vai ser divertido!


NOVEMBRO 2022

 

20-N
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Este curso reivindicamos o dereito á educación, o respecto pola diversidade e a inclusión.
E, ademáis, o acollemento familiar.
Que comodidade ir ao cole en pixama! 

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA
Xa temos formados os grupos de voluntariado de biblioteca.
Agora, a traballar!


Saiu a Resolución que confirma que formamos parte dos programas Móvete e Pasaporte Solidario.
Pronto recibiremos os pasaportes nos que ir anotando as cousiñas que facemos.



OUTUBRO 2022

 


RECICLAXE
Temos todos os contenedores a punto e estamos ensinando aos novos alumnos e alumnas onde teñen que poñer cada cousa: os bolis, as pilas, os tapóns...
E, por suposto, queremos que aprendan axiña que os nosos recreos son de Residuos Cero.

Lembrades a nosa cadeira vermella?
Si, si, esa que defende a educación de calidade para todos e todas.
Pois, moita atención, que vai empezar a circular.
Non a perdades de vista!





Continuamos sendo punto de recollida de Tapóns Solidarios.
Este curso irán para Pontedeume; para Emma.


Ao comezar o curso fixemos a nosa primeira recollida de roupa e calzado.



SETEMBRO 2022

 


INCLUSIÓN

Formamos unha cadea. Tod@s somos importantes.

Comezamos un novo curso. Este, con moitas ganas. Por fin deixamos atrás a pandemia e pensamos recuperar o tempo perdido: traballar xuntos, compartir, abrazarnos, coidar uns dos outros, estar próximos...
Imos!!!


XUÑO 2022

 

VOLUNTARIADO, CHAO!
Chegou a hora de despedir a parte do noso voluntariado.
6º marcha. Ata sempre!

Xuño é sempre tempo de rematar. E de recibir diplomas. Son o recoñecemento ao noso traballo. Gústanos recibilos.
Aquí estamos nós, supercontent@s cos diplomas que o 
Voluntariado Galego nos enviou por realizar 
os Pasaportes Solidarios.




MAIO 2022

 


SORPRESA!
Foi grande a sorpresa que levamos cando o noso centro foi convidado a participar no Seminario web do Ministerio de Educación e Formación Profesional "A dimensión ecosocial para unha educación transformadora".
Grande foi a sorpresa, pero tamén un motivo de alegría enorme.
Aí estiveron a Directora e a Coordinadora,
dando a coñecer o proxecto
Somos quen.


ABRIL 2022

 


Recibimos a ANXO MOURE cos seus contos solidarios. Non foi na biblio para tod@s, coma noutros tempos. Só estivo na clase de EI.



O mes de abril está especialmente dedicado ao coidado do medio ambiente. Non podemos facer moitas saídas nin tampouco misturarnos coas outras clases, ainda así, fixemos un esforzo e pegámonos unha boa andaina ata a praia de Almieiras para darlle un repaso de limpeza.
Somos voluntari@s medioambientais.



2 de abril - Día de Concienciación sobre o Autismo


MARZO 2022

 


POÑAMOS FIN Á DESIGUALDADE



21 de Marzo
Día das persoas con Síndrome de Down


Todos somos diferentes, pero somos iguais.



   Co traballo de Conectandomundos descubrimos que hai moita xente nova preocupada polo cambio climático. Tamén que están implicadas na defensa de que se tomen medidas para solucionalo.

VOLUNTARIADO DE LECTURA

Dely, Jesús, Lorena, Diana... tod@s @s profes len para nós.


NON Á GUERRA