ABRIL 2018


Si. Queremos ser a semente dun mundo mellor. Queremos ser aquel@s que consigan que os ODS sexan unha realidade no 2030.

Preparamos un video de apoio á SAME e deixamos a nosa pegada.


22 DE ABRIL - DÍA DA TERRA


No salón de actos visitamos a exposición sobre a Antártida. Alí temos non só datos de interese sobre este territorio, senón tamén fotografías dos pingüíns que temos apadriñados.

Coidemos o medio ambiente!

Recibimos a Maleta da Igualdade que tiñamos solicitada ao CFR de Ferrol. Haberá, durante tres semanas, unha exposición na biblioteca para poder traballar cos estupendos libros  que contén.

Estamos preparando a Campaña Mundial pola Educación 2018.
Aquí tedes os nosos carteis.


O mércores 11 algúns de nós tivemos a oportunidade de ter na nosas mans a preciosa pelota da Escola de Ombre (Pontedeume), porque visitou a biblioteca.
É esta unha pelota moi especial, unha pelota que roda de cole en cole na defensa da diversidade en igualdade.



 A escola de Ombre é pequena, pero con iniciativas grandes.
Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.
#rollingdiversityinequality
#rodandodiversidadenlaigualdad
#internationalwomensday
#ombre#pontedeume#galicia#españa#spain
Instagram:cuentos_3rs

Aquí está o video do RAP que fixeron en 4º para o Conectandomundos.

MARZO 2018


O día 21 de marzo, Día da Poesía, celebramos tamén outras cousas.
En primeiro lugar, como esa é a data para lembrar ás persoas que teñen a síndrome de Down, sumámonos a iniciativa de levar os calcetíns desaparellados. 
Foi un pequeno xesto para visibilizar a diversidade e concienciar de que non debe convertirse en desigualdade.


Como o 21 de marzo celébrase tamén o Día da Árbore, non só inauguramos a preciosa Árbore de Mica, senón que tamén, da man do colectivo Cousa de Raíces, reivindicamos a conservación dos bosques autóctonos.


Nós enviamos dúas fotografías. A primeira, baixo esa árbore que pintaron @s nen@s como portal de entrada á biblioteca. A segunda (como non facelo!) no noso maravilloso bosque, ao que tanto queremos.


E, como sempre estamos moi atent@s ao coidado do medio ambiente e á reciclaxe, a nosa ANPA Río de Vaa, realizou un obradoiro no que @s nen@s puxeron en práctica estes principios.


Grazas a este fermoso traballo agora temos as ventás do cole ben bonitas.
Grazas, queridas mamás! 

Aquí temos o equipo "Bigotinis" transformado nalgunhas das mulleres sobre as que traballaron.




Non están todas, senón unicamente aquelas que escolleron para ir expoñer á clase de 5º e 6º.
Todas, son estas:



FEBREIRO 2018


     Estes días están vivindo no noso cole dous invitados moi especiais. Son o bombeiro ecoloxista de Manchester Martin Hutchinson e o seu can Starski. 
   Non chegaron en coche nin en avión, senón no seu vehículo especial co que se dedican a percorrer o mundo concienciando da importancia de coidar o medio ambiente.



    Vivimos con eles uns días certamente intensos nos que aprendimos cousas moi interesantes sobre a súa persoa. Leva dedicado a isto dende o 2006 así que ten moitas anécdotas que contar. Pero, sobre todo, falounos (en inglés) do perxudiciais que son os plásticos para os nosos mares.



 Foi un auténtico privilexio telos connosco.
Grazas, profe Ainhoa.

"Os Bigotinis" estiveron investigando sobre as vidas de Emmanuel Jal e Sadako Sasaki e os problemas que tiveron que afrontar. 
   Non queremos que outros nenos ou nenas vivan o que eles viviron. Queremos a PAZ.




Como estamos a piques de iniciar o mes de marzo, agora van centrar a súa investigación sobre mulleres que traballaron pola paz.

 De novo a ONG Global Humanitaria solicita a nosa colaboración para apoiar os seus proxectos de desenvolvemento en India e Guatemala.
   Levamos xa varias campañas de recollida de calzado e roupa, pero non os imos defraudar, verdade?


Podedes ver que as nenas e os nenos de 5º e 6º están moi contentos de ter participado no 34 Concurso Escolar ONCE.
Mirade que alegres pousan cos agasallos que recibiron este ano.



Visitounos Anxo Moure e, coma sempre, recibímolo con moita ledicia, porque fainos pasar ratos moi divertidos.
Falounos da importancia das árbores, aprendeunos a reciclar papel e ata a "reciclar" as malas noticias!


Este curso imos recollendo imaxes dalgunhas das cousas que facemos no noso Proxecto Somos quen para que ocupen un lugar ben visible nesa entrada renovada e tan fermosa  que temos agora no cole.
Así podemos ir vendo canto traballamos!



Continuamos con todo o traballo do Proxecto TEI, de titoría entre iguais, co que tanto estamos aprendendo. Coñecémonos, axudámonos, divertímonos...
Fai uns días diseñamos os nosos escudos.





XANEIRO 2018


Polo Día da Paz, lanzámonos a ser artistas, tal como Mica nos pideu este ano, e convertimos o Guernica de Picasso nun mural cheo de cor.



      Este curso, por vez primeira, apuntámonos ao Programa nacional de consumo de froitas, hortalizas e lácteos.
   Esta iniciativa ten como obxectivo incrementar de forma duradeira a proporción destes productos na dieta cotiá.
    É importante formar os hábitos alimenticios dende a infancia e fomentar o  consumo de produtos saudables como alternativa a outros habitualmente consumidos no tempo de lecer.


As nenas e nenos de 5º e 6º presentaron a historia coa que van participar no 34 Concurso escolar ONCE, destinado a traballar en prol da inclusión.



Empezamos unha nova edición da actividade en rede Conectandomundos.


 Este curso traballaremos sobre a cultura de paz.
Mirade que equipo tan chulo temos.
Nótase que son fans de Micabigotes, verdade?



Seguimos sendo un cole campeón na reciclaxe: papel, plásticos, pilas, cartuchos de tinta e, claro está, tapóns, dos que xuntamos montóns e montóns.
Temos moi claro que hai que coidar os recursos naturais, verdade?



DECEMBRO 2017


A educación abre o mundo




   Neste preciso momento no que estamos pensando xa todo o tempo en ter vacións e recibir regalos, é necesario poñer os pés na terra para non perder de vista a realidade.
Por iso, de maneira especial no Nadal, reivindicamos o dereito á educación.
 
 
No Nadal adopta un libro.

Micabigotes non quere que os libros que xa non están na biblioteca pasen o Nadal soíños. Necesitan un fogar, un lugar onde atopen alguén que os lea. Por iso, @s bibliotecari@s voluntari@s traballaron a tope os últimos días antes das vacacións. Mirade.

NOVEMBRO 2017


 25 - N

O luns fixemos un acto contra a violencia de xénero.
Primeiro vimos un video no que participaron as nenas do cole.




  Pero tod@s sabemos que non falamos dun problema so das mulleres, senón dun grave problema social que é de TOD@S.
 Parte dunha desigualdade profunda, dunha minusvaloración da muller como persoa, que so coa EDUCACIÓN  poderá desaparecer.

    Os nenos foron os encargados de construir o mural reivindicativo. Está feito coas fotografías aportadas polas familias.
 
Para rematar, tod@s xunt@s, cantamos "Tempestades de sal", de Sés, que foi a banda sonora da nosa reivindicación.

 DEREITOS DA INFANCIA
Como Micabigotes pediunos que fósemos artistas, aproveitamos a celebración deste día para demostrarlle que xa o somos.
 E quedou contenta (ou iso foi o que dixo o Rato Gordecho...)
  Gústanos tanto colaborar e axudar que @s maiores convertímonos en contacontos e, cada venres, lémoslles historias ás nenas e aos nenos de Educación Infantil.



Cando fumos ver a exposición de arte e música Sonoro Empeño fixemos un bonito mural cooperativo, traballando como a nós nos gusta, tod@s xunt@s.


Vai que lembra a nosa bandeira? Non si?  

 http://picasion.com/

EUREKA!
Menos mal que est@s avispad@s alumn@s de 4ºderon coa cadeira!
Xusto a tempo para colocala no seu sitio cando celebremos o Día dos Dereitos da Infancia.
 

OUTUBRO 2017


PROGRAMA TEI


 O respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos deste programa de convivencia, no que o alumnado de 5º e 6º de Primaria titorizarán @s compañeir@s de 3º.

O mércores, 11 de outubro, celebramos na biblioteca o acto de presentación do Programa TEI, de titoría entre iguais.
A prensa fíxose eco de tan importante noticia.


Ante a traxedia que vivimos da man do lume foinos imposible permanecer indiferentes.
 

S.O.S. África veu solicitar este mes colaboración coa súa campaña. Fai moi pouco tempo que fixemos unha primeira recollida de roupa.
Será posible atopar algo máis?

 Conseguímolo!
Vedes que, pouco a pouco, van aparecendo algunhas bolsas.


Cando o curso pasado iniciamos a actividade de Voluntariado de Biblioteca tivemos moito éxito. Iso, a pesares de que é unha iniciativa que require bastante sacrificio personal: hai que renunciar ao tempo de lecer do recreo para quedar a traballar na biblio.
Quen se negou este ano?
NINGUÉN!!!



Chegado outubro recibimos sempre un novo video da Campaña La silla roja, de Entreculturas.

 

 Válenos para lembrar por qué temos sempre no cole, nun lugar ben visible, unha pequena cadeiriña vermella que nós mesmos pintamos.
Lembrades?
Témola como símbolo de que nós defendemos sempre o
 DEREITO Á EDUCACIÓN

Mais, neste momento, temos un pequeno problema: os primeiros días do curso estaba colocada xunto á entrada, pero agora ninguén sabe onde vai...

Iniciamos a nosa primeira campaña de recollida de calzado e roupa.

SETEMBRO 2017

Este curso comezamos as nosas actividades de voluntariado ben cediño. Ao pouco de iniciar as clases colaboramos coa Asociación Betula na limpeza do río Baa.


Antes de saír recibimos unha charla na biblioteca, coa que aprendimos moito e, despois, poidemos comprobar o necesario que é que se fagan actividades deste tipo. Desgraciadamente foron moitísimas as cousas que tivemos que retirar do río e, se estaban alí, foi porque as persoas non somos suficientemente conscientes da importancia do coidado do medioambiente.
Nós, dende agora, serémolo un pouco máis.

Coidemos os nosos ríos!

(Vedes o cartel? É que somos plurilingües!!!)

XUÑO 2017


Agora que o curso está a piques de rematar é xusto recoñecer todo o traballo que realizaron @s voluntari@s de biblioteca. Igual alguén non caera na conta de que algúns non estaban no patio nos recreos dos luns.
 Mirade o que estaban facendo: prestar a súa axuda a Mica Bigotes.

 Son campións e campionas en solidariedade!!!
 Xa temos aquí o video-resumo da SAME deste ano.