XUÑO 2015




Lembrades como comezamos este curso? Si?
Pois rematamos pechando o círculo: recoñecendo todo o traballo que fixemos.
Parabens a tod@s!
Somos solidari@s!


Un dos nosos murais sobre os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, en concreto aquel que representaba a igualdade entre homes e mulleres e que fixeron Paula e Brais, foi elixido polo CPI. Conde de Fenosa de Ares para ser incluido na súa revista escolar.
Será que lles gustou, non?



MAIO 2015


Xa enviamos por correo os nosos muraliños dos ODM para participar no II Certame de MailArt que organiza o CPI. Conde de Fenosa de Ares.
Gústanvos?




 


 De novo estamos recollendo roupa usada, desta vez para a Asociación Martes de Villena.




O xoves, 7 de maio, estivo en A Coruña Kailash Satyarti, Premio Nobel da Paz 2014 e lider da loita mundial contra o traballo infantil.

  
 Satyarthi é o fundador da marcha Let Us March que promove o dereito de todos os nenos e nenas do mundo a recibir educación gratuita, a non padecer explotación económica e a non realizar traballos perxudiciais para o seu correcto desenvovemento físico, mental, espiritual, moral e social.
Falou de cousas moi interesantes. Nós queremos quedarnos con unha das frases que dirixiu á xente nova:

"Vós sodes o motor do cambio"

ABRIL 2015


 Debemos coidar o medio ambiente, por nós, polo planeta, pola biodiversidade... Sin embargo son moitas as agresións ás que o sometemos. E hai territorios especialmente vulnerables: as illas.




A finais deste mes tamén recollimos culleres para dotar un comedor escolar co que os Amigos de Ositeti están a axudar ao pobo masai.






Coa axuda das rapazas universitarias que nos acompañaron na clase durante este mes organizamos un Mercado Matemático.
Os cartos e os alimentos que recollimos donámolos ao Banco de Alimentos de Ferrol.


 






E abril é tamén o mes no que se celebra a Semana de Acción Mundial pola Educación.
O lema deste ano foi:
Nós votamos pola educación, e ti?
Así que, fixemos unha votación en urna e si, todo o CEIP. Os Casais votou a favor da Educación.

 
Os nenos e as nenas de 5º e 6º preparamos unha exposición fotográfica no Salón de Actos.



Tamén fixemos un gran mural na entrada.



SAME - 2015





E, claro, neste mes tamén tivemos presente a nosa Cadeira Vermella.



 

MARZO 2015

                                            

   O mes de Marzo é o mes no que nos dedicamos a  igualdade das mulleres.
   Os dereitos son para todo o mundo en igualdade, pero hai persoas que non pensan o mesmo. Hai que traballar para que deixen de facelo.
   Este mes vai dedicado as mulleres, xa que hai países que non fan nada para que as mulleres teñan os mesmos dereitos ca os homes.


Estas son as catro mulleres coas que traballamos en 5º e 6º con motivo da tan sinalada data do 8 de marzo. Pertecen a diferentes ámbitos, pero todas elas, dun ou doutro xeito, están relacionadas co mar. E todas elas son "Mulleres para lembrar". Por iso, foron incorporadas ao nosos dossier e máis dedicámoslles o noso mural.



   Estabamos desexando que volvese Paula, a técnica de Educo, a facer eses obradoiros que tanto nos gustan. Este ano fíxose esperar pero, finalmente, o día 24 deste mes, veu por primeira vez.
Acaba de ser e xa temos ganas de que volva!
 
Este ano foron os de 3º e 4º os que participaron no Conectandomundos. Formaron un equipo ao que lle chamaron @s Pacífic@s e xogaron xunto con outros equipos de moi diferentes lugares. No seu grupo había colexios de Italia e Portugal.

Axudaron a Telémaco, Penélope e Ulises a recuperar a xustiza, a dignidade e a colaboración.
E, despois de conseguir este importante obxectivo co seu traballo na Rede, elaboraron un mural como resumo da actividade.



  Un ano máis os nen@s de 5º e 6º participamos no concurso da ONCE. O lema deste ano foi: " persoas que pensan en persoas" e fixemos unha portada de periódico sobre a economía social. Agora so queda esperar e cruzar os dedos!!!

Este foi o traballo que presentamos: unha páxina de periódico con noticias sobre a economía social.


   
Tal e como vimos facendo dende hai anos, participamos no Fene, lendo mulleres. Fumos todos os nenos e nenas de Primaria.


   Debemos tomar conciencia de que a igualdade non se está a dar. Tod@s temos que poñer da nosa parte para que as cousas muden.

   A piques de dar comenzo o mes de marzo o Concello organizou unhas xornadas sobre a violencia de xènero, nas que participamos os rapaces e rapazas de Primaria. È esta unha  lacra terrible que hai que erradicar. Xa!

FEBREIRO 2015


O día 12 deste mes recordamos aos pobres nenos soldados. Mentres nos disfrutamos do Entroido (como ten que ser) , moitos nenos e nenas combaten en guerras.
 Decimos NON¡ ben forte a esta situación.
                            

Como tódolos los anos continuamos traballando sobre os Obxetivos do Desenvolvemento do Milenio. Este ano, 2015 de maneira especial, porque era a data marcada para telos acadados.
Fixemos un pequeno video.



 O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Aquí podedes ver un video dunha das actividades que fixemos sobre a paz.

XANEIRO 2015



Como este ano estamos embarcados nun gran proxecto sobre o mar, o lema que escollimos para celebrar o Día da Paz foi "Avante toda", porque hai que navegar a toda máquina, a toda vela, cara a consecución da paz.
E fixemos diferentes actividades. Gústounos moito o xogo das estrelas  do ximnasio. Foi divertido, interesante e pasámolo mi ben sendo unha tripulación e compartindo apertas.


   Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria comenzaron a actividade Conectandomundos, na que aprenderán cómo facer para que o mundo non sexa tan inxusto.



O mercadiño de Nadal foi todo un éxito. Estamos moi content@s de atopar tanta colaboración nas familias.
Somos solidari@s!
Somos quen de cambiar o mundo.


DECEMBRO 2014



   

        Para o último día de clase deste ano, Micabigotes, a nosa gata bibliotecaria, ten preparado un merdadiño de libros solidarios.
         Esperamos xuntar moitos cartos!!!   
 Van ser para a cociña Economica.





O día 10 de decembro lembramos os Dereitos Humanos. Este ano, como era o seu 50 aniversario, fixemos actividades sobre Mafalda.