Antes de rematar este mes embarcamos noutra recollida de roupa. Nesta ocasión é GLORR Fundación a que pide a nosa colaboración. E, a pesares de estar tan próxima no tempo coa anterior campaña, tamén nesta ocasión estamos sendos solidari@s.
As iniciativas de GLORR Fundación están destinadas a disminuir a probreza e potenciar a educación dos nosos menores, os máis vulnerables en tempos de crise.
As súas axudas son canalizadas a través dos propios centros educativos, das AMPA e os Servicios Sociais.
A Cadeira Vermella contou este curso cuns trasniños que andaron a cambiala de sitio para que todo o mundo se fixase nela.
Hai alguén no cole que non saiba agora que temos unha cadeira que nos fai lembrar a esas nenas e eses nenos que non van á escola?
Enseguida comezaron a chegar as bolsas...
Recén iniciado o mes, temos unha recollida de roupa e calzado usado da Campaña Solidaria Mariola.
Trátase dunha empresa comprometida cun proxecto da Fundación Vicente Ferrer que proporciona acceso á educación a nenas e nenos con parálise cerebral, no distrito de Anantapur, na India.
Temos xa o video promocional da Campaña da Cadeira Vermella para este curso
2015-2016.