PAZ
Outra xornada reivindicativa que nos gustaría non ter que celebrar. Esperamos o día no que a paz sexa unha realidade e non so un desexo compartido.
Nós traballamos de forma colaborativa, cos nosos equipos interniveis, axudándonos, cooperando, solidarizándonos con todos os membros do grupo. Gústanos moito aprender así.
Fomentar nos compañeir@s o gusto pola lectura é contribuír á súa educación e tamén á nosa; tamén é establecer unha alianza entre maiores e peques; se o libro é Maruxa, reforzamos a igualdade de xénero.
Encántanos ser contacontos!
A educación é a maior forza transformadora.
Nós, dende o primeiro día, celebramos o Día Internacional da Educación.
A nosa cadeira vermella lémbranos todo o ano o importante que é reivindicar o respecto do dereito á educación que temos todas as persoas.
Sabemos da importancia de coidar a nosa ría. Curso tras curso sumámonos a xornada de limpeza simultánea de praias que organiza ADEGA. Pero sempre é necesario aprender e saber máis para valorar a riqueza dos mares, fomentar a súa explotación responsable e profundar na importancia da súa conservación.
Mellorar a convivencia é mellorar o mundo.
Hai que pensar globalmente, pero actuar localmente.