Imposible permanecer indiferentes. Valencia precisa moita axuda.
Claro que poden contar con nós!
PARTICIPACIÓN. COLABORACIÓN
Gozamos moito cando as familias veñen compartir con nós os seus saberes. No outono, toca sempre micoloxía. Grazas ao papá de Breixo tivemos un obradoiro ben interesante.
25-N
CHALK BACK
Sobran as palabras. Non vemos o día no que, por fin, esta data quede relegada ao pasado, polo feito de que a súa reivindicación quede totalmente obsoleta por ter desaparecido o grave problema que a motiva. Desgraciadamente, ese soño parece estar aínda lonxe. É necesario seguir, perseverar, insistir e confiar no feito de que a educación é a máis potente forza transformadora.
20-N
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia e a Adolescencia. Dende varios anos atrás, nesta data lembramos que un dos dereitos (non sempre cuberto adecuadamente) que todos os nenos e nenas teñen é o de medrar en familia. Por iso, sumámonos á iniciativa do Día do Pixama, para visibilizar a importancia do acollemento familiar.
O tempo permitiunos celebrar o Outdoor Classroom Day. Dar as clases fóra e algo que facemos de cando en vez, sen necesidade de que sexa un día especial coma este. Pero este, é o día; e a chuvia, moitas veces, non nos permite saír. Desta vez, houbo sorte!