Xa está en marcha o Proxecto de Igualdade promovido pola ANPA.
Neste cole participamos todos e todas; toda a comunidade educativa colabora nun proxecto común.
Xunt@s, somos quen!
XIII Limpeza Simultánea de Praias
ADEGA convocou, un ano máis, a XIII Limpeza Simultánea de Praias, na fin de semana do 25 ao 27 outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Aí estamos sempre nós, coidando a ribeira de Maniños.
COLABORACIÓN. PARTICIPACIÓN.
Quen preparou este precioso cemiterio literario para que nós poidamos gozar cos libros de medo que temos na biblioteca escolar?
A mamá de Ura!
Neste cole participamos tod@s; colaboramos para aprender xuntos; cooperamos para construir un mundo mellor!
O Concurso Escolar ONCE é un programa de sensibilización educativa, avalado por 41 edicións, que axuda a fomentar valores como a solidariedade e o pensamento crítico, o papel activo do alumno e o traballo colaborativo, para conseguir igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Xa estamos inscritos! Neste curso 24-25 serán as nenas de 4º as que realizarán o traballo que presentaremos ao concurso.
Despois de ter que adialo case un mes, porque a chuvia non nos deixaba ir, por fin conseguimos achegarnos ao río Va e realizar unha xornada de limpeza. Sabemos ben o importante que é para a vida (a nosa, a das outras especies animais, a do planeta enteiro) conservar limpos os ríos, por iso coidamos o noso río.
Estamos moi content@s, porque constatamos que, nestes últimos anos, cada vez é menos o lixo o apañamos.
Como conseguimos nós lograr os nosos obxectivos? Con axuda mutua; aprendendo uns dos outros; traballando en equipo; establecendo alianzas sólidas entre nós...
Así que, demos inicio ás actividades por equipos interniveis.
Vedes que contentos están os padriños e a madriña que saen nesta foto?
Mica Bigotes pediu axuda para ocuparse da biblioteca e faltou tempo para que boa parte do alumnado de 5º e 6º se apuntara ao voluntariado.
Somos solidari@s!
Con Mica, tamén!