XUÑO 2024

 

Isto remata pero nós seguiremos soñando.

 Soñamos con facelo cada ano un pouco mellor.

Vémonos no curso 24-25!!!

Con tanto chover, pouco faltou para que non fora posible realizar este fermosísimo mural

Traballo cooperativo con Rakele Cavallo. Quedounos chulo,chulo.

Ou non?

Bo traballo como remate deste curso 23-24!




Moito traballamos na nosa hortiña! Leitugas, tomates, xudías... Hai que pensar en ter unha alimentación saudable e na importancia de consumir produtos de proximidade.


EDUCAMOS EN SOSTENIBILIDADE



Por suposto, tamén completamos os Pasaportes Solidarios do Voluntariado Galego. Así é como vemos canto imos facendo, case que sen caer na conta do enorme traballo realizado.

SOMOS SOLIDARI@S


E formamos parte do Voluntariado Miúdo, Móvete, do Plan Proxecta.